Alejandro Marquina Álvarez

militar e político galego


Alejandro Marquina Álvarez, nado en Ourense o 12 de xaneiro de 1819[1] e finado na Coruña o 16 de outubro de 1876,[2] foi un militar e político galego.

Infotaula de personaAlejandro Marquina Álvarez
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1819 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de outubro de 1876 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia da Coruña
1875 –
Gobernador civil de Pontevedra
1875 –
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do coronel Camilo Marquina. Comandante do Exército retirado.[3] Foi deputado polo distrito de Ourense en 1863 e polo de Celanova en 1864, nas eleccións de 1869 foi elixido deputado polo distrito de Vigo. En 1872 foi elixido senador pola provincia de Ourense. Foi gobernador civil de Pontevedra entre maio e novembro de 1874 e de novo de abril a setembro de 1875. O 17 de setembro deste último ano foi designado gobernador civil da Coruña. En marzo de 1876 ditou unha disposición coa que pretendeu regulamentar o servizo doméstico.[4] No mes de maio presentou varias veces a súa dimisión, pero non lle foi aceptada.[5] Finalmente, desenvolveu o cargo ata o seu pasamento.

Vida persoal editar

Casou con Dolores Kindelan Díaz, coa que tivo cinco fillos (Vicente, Camilo, Ramón, Dolores e Alejandro). Dos seus fillos, Alejandro foi oficial de cabalaría e morreu novo, en 1882.[6]

Notas editar

  1. Na web dos descendentes de Edward Kindelan Arquivado 16 de outubro de 2014 en Wayback Machine. danse varios datos xenealóxicos da súa familia.
  2. La Idea, de Madrid, 18-12-1876, p. 5. Tamén en El Heraldo Gallego, 21-10-1876, p. 6-7.
  3. Diario Oficial de Avisos de Madrid, 19-8-1876, p. 2.
  4. El Diario de Santiago, 5-4-1876, p. 1.
  5. El Diario de Santiago, 13-5-1876, p. 2.
  6. La Ilustración Cantábrica, 8-4-1882, p. 12. Tamén en La Unión, de Madrid, 15-9-1882, p. 4, se refire esta noticia, aínda que con moitos meses de diferenza e relatando que o pasamento foi en Vigo e non en Tui como afirma aquela outra fonte. Ademais, dise que o finado é neto político do senador vitalicio Lorenzo de Cuenca de San Juan.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar