Francisco Antonio Riestra
Francisco Antonio Riestra Vallaure, nado en Oviedo e finado en Madrid o 17 de decembro de 1880, foi un empresario e político galego.
Francisco Antonio Riestra | |
---|---|
Lugar de nacemento | Oviedo |
Falecemento | 17 de decembro de 1880 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | emprendedor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Avogado asturiano que chegou a Pontevedra cunha concesión real da subministración de sal, acumulou en pouco tempo unha notable fortuna e diversificou os seus negocios ata desembarcar na política, pasando pola Deputación provincial, o Congreso e o Senado. En 1869 fixo a presentación política de Eugenio Montero Ríos en Pontevedra.
Foi deputado provincial (1854-1862). Foi deputado polo distrito de Pontevedra en 1858 e volveu ser reelixido en 1863, 1865 e 1869. Foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1872, sendo reelixido en 1876. En 1877 foi nomeado senador vitalicio.
Casou con Micaela López Fernández e foi pai de José Riestra López.