Mariano Cancio Villaamil

político español

Mariano Cancio Villaamil, nado en Oviedo o 7 de novembro de 1824 e finado en Madrid o 28 de xullo de 1894, foi un político galego.

Infotaula de personaMariano Cancio Villaamil

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1824 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 1894 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballou nas oficinas do Estado como escribente, despois foi oficial de administración e xefe de negociado en 1854. Foi xefe de Administración e publicou o Proxecto de lei xeral de augas, e o Proxecto de regulamento xeral de obras públicas. En 1869 pasou á Dirección de contabilidade do Ministerio de Facenda, en 1871 foi director xeral do Tesouro. En 1876 encargáronlle a organización do Banco Hispano Colonial (1876-1878).

Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Mondoñedo nas eleccións de 1865 e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1869. Nas eleccións de abril de 1872 foi elixido polo distrito de Ribadeo. Na Restauración volveu ser elixido deputado polo distrito de Ribadeo nas eleccións de 1876 e 1879.

Obras editar

  • Situación económica de la isla de Cuba, 1874.
  • Servicios marítimos postales. Necesidad de su desarrollo en España. Memoria leída en la sociedad Unión Ibero-Americana, 1887.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar