Tomás María Mosquera García
político galego
Tomás María Mosquera García, nado en Castrelo (San Cristovo de Cea) o 10 de novembro de 1823 e finado en Madrid o 30 de abril de 1890, foi un avogado e político galego.
Tomás María Mosquera García | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de novembro de 1823 |
Lugar de nacemento | San Cristovo de Cea |
Falecemento | 30 de abril de 1890 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Afiliado ao Partido Liberal, despois da Revolución de 1868 foi deputado por Ourense nas Cortes (1869 e 1871). Ministro de Ultramar entre decembro de 1872 e febreiro de 1873 ocupou, en 1874, a carteira de Fomento. Logo da restauración borbónica en España, foi senador pola provincia de Ourense (1881) e foi nomeado Senador vitalicio en 1883 e Vicepresidente do Senado.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Montes Marqués, Carlos (2023). Alarifes do Carballiño. O Carballiño: Centro de Estudios Chamoso Lamas.