Joaquín Baeza Nieto
Joaquín Baeza Nieto, nado en Tenerife en 1829 e finado en xullo de 1891[1], foi un político galego.
Joaquín Baeza Nieto | |
---|---|
Nome completo | Joaquín Baeza y Nieto |
Nacemento | 1829 |
Lugar de nacemento | Tenerife |
Falecemento | 23 de xullo de 1891 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Foi vivir a Pontevedra tras casar con Isabel Saravia Pardo, filla de Fernando Sarabia, e foi pai de Fernando Baeza Saravia. Mercou a granxa de Monte Porreiro logo da desamortización. Quixo facer unha devesa real para destinar a madeira a buques da Armada, pero atopouse coa oposición veciñal. En 1867 subhastou a rifa.[2]
Foi elixido deputado por Pontevedra en 1854 e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1869. Foi nomeado director da Gaceta e administrador da Imprenta Nacional en 1870. Foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1872. Foi gobernador civil de Salamanca, Xaén (1881) e Alacant (1883).
Casou en segundas nupcias con Gracia Martínez Clavero.
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha no Senado
- "La Granja Avícola de Monteporreiro", no blog Galicia Agraria, xuño de 2011.