Daniel Carballo Codesido
Daniel Carballo Codesido, marqués de Barbanzón, nado na Coruña o 14 de marzo de 1824 e finado en Madrid o 29 de decembro de 1889[1], foi un xornalista e político galego.
Daniel Carballo Codesido | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1824 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 29 de decembro de 1889 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, escritor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fai os primeiros estudos na Coruña e despois foi estudar leis á Universidade de Santiago de Compostela. En 1846 instalouse en Madrid, dedicándose ao xornalismo. Foi redactor do Boletín Oficial del Ministerio de Comercio e do periódico El Fomento e director do periódico madrileño La Nación. Militou na Unión Liberal, foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1854 e 1858, polo distrito de Xinzo de Limia en 1865, novamente polo da Coruña en 1869, polo de Betanzos en 1871 e 1872 e polo distrito de Ortigueira en 1876 e 1879. Foi director xeral de Sanidade (1865) Gobernador civil de Madrid, Director Xeral de Facenda e das Minas de Río Tinto en Huelva.
Vida persoalEditar
Casou con Luisa de Prat, marquesa de Barbançon.
RecoñecementosEditar
Polos logros obtidos para a cidade da Coruña, a Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos presidida por José Soto González construíulle un monumento nos Xardíns de Méndez Núñez da autoría de Agustín Querol, que se inaugurou o 30 de agosto de 1896.
NotasEditar
- ↑ Necrolóxica en La Correspondencia de España, 4-1-1890, p. 4.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel Carballo Codesido |
BibliografíaEditar
- "Carballo, Daniel". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 184–185.
- "Carballo, Daniel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández Caamaño, José Manuel (2012). "Daniel Carballo Cousido. Un prócer en el olvido" Unión Coruñesa n.º 2. p. 8 (en castelán).
Ligazóns externasEditar
- Ficha no Congreso do Deputados Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine.