José Ramón Bugallal
político galego
José Ramón Bugallal Muñoz, nado o 3 de agosto de 1818 en Ponteareas e finado na mesma vila o 22 de febreiro de 1891, foi un político galego.
José Ramón Bugallal | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1818 |
Lugar de nacemento | Ponteareas |
Falecemento | 22 de febreiro de 1891 |
Lugar de falecemento | Ponteareas |
Nacionalidade | España |
Ocupación | notario e político |
Fillos | Isidoro Bugallal, Gabino Bugallal e Darío Bugallal Araújo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Pedro Lorenzo Bugallal. Notario en Ponteareas. Foi designado alcalde de Ponteareas en 1852. Xefe do Partido Conservador en Galicia, foi gobernador civil de Ourense de 1875 a 1877, en 1880 e de 1883 a 1884.
Vida persoal editar
Casou con Mariana Araujo Alcalde, filla do emigrante e líder da comunidade galega en Cuba, Isidoro Araújo. Entre os seus fillos están Isidoro Bugallal e Gabino Bugallal, xornalista o primeiro e político o segundo, que chegou a ser presidente do goberno de España.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Candeira Mosquera, Francisco (1990). Caciquismo e poder local na Galicia da restauración (distrito de Ponteareas, 1881-1894). Ponteareas: Galicia - Sur. ISBN 84-404-8088-1.