Darío Bugallal Araújo
notario e político galego
Darío Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 23 de xullo de 1863 e finado en Madrid o 29 de novembro de 1948, foi un notario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1863 Ponteareas, España |
Morte | 29 de novembro de 1948 (85 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Sacramental de San Lorenzo y San José |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | José Ramón Bugallal |
Irmáns | Isidoro Bugallal e Gabino Bugallal |
Traxectoria
editarFillo de José Ramón Bugallal Muñoz. Avogado e notario. Foi elixido deputado polo distrito de Ponteareas nas eleccións de 1896 e nas de 1907 e polo distrito de Bande nas eleccións de 1910. Foi senador pola provincia de Ourense (1899, 1900, 1907, 1908, 1909) e senador vitalicio dende 1914. Foi membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación. Foi conselleiro do Banco Hipotecario de España. Finou en Madrid o 29 de novembro de 1948.[1]
Vida persoal
editarCasou o 15 de xullo de 1897 con María del Carmen Yravedra Pérez de la Reguera, e foi pai de María Ana, Luis e Carmen Bugallal Yravedra.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en ABC, 1-12-1948, p. 19.