Parochiale suevorum

(Redirixido desde «Divisio Theodemiri»)

O Parrochiale suevum, Parochiale suevorum (Parroquial suevo) ou Divisio Theodemiri é un importante manuscrito da segunda metade do século VI[1], onde se reflicte a organización administrativa e (maiormente) eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses: as oito tradicionais reflectidas no Primeiro Concilio de Braga de 561, así como as catro dioceses formadas ó sur do Douro, que son as de Conímbriga, Idanha, Lamego e Viseu. Ademais menciónase a diocese, non territorial senón étnica, de Britoniarum (Bretoña, norte da actual provincia de Lugo), que tamén aparece mencionada canda ó seu bispo Mailoc no Segundo Concilio de Braga,de 572,[2]. O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos. A súa importancia reside en non existir equivalente na época en ningunha outra provincia eclesiástica[3]. Constitúe por tanto unha das referencias historiográficas máis importantes para a localización de pobos e poboacións na Gallaecia pos-romana, especialmente durante o Reino suevo.

Copia do Parroquial Suevo no Liber Fidei, Doc. n.º 551, séc. XIII.

DiocesesEditar

 
Reino suevo.

O documento recolle as seguintes dioceses:

NotasEditar

  1. Datado entre os anos 527 e 582, atribuíndoselle como data máis probable o ano 569.
  2. Texto do II concilio bracarense.
  3. DAVID, Pierre (1947). Études historiques sur la Galice et le Portugal du VIe au XIIe siècle, p. 497. Belles Lettres. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 Hispania Sacra, LXVI 134, julio-diciembre 2014, 439-480, Organización eclesiástica y social en la Galicia tardoantigua. Una perspectiva geográfico-arqueológica del parroquial suevo, José Carlos Sánchez Pardo, ISSN: 0018-215X
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 A. de Almeida Fernandes (1997). Paróquias Suevas e Dioceses Visigóticas. Associação para a defesa da cultura Arouquense, Câmara Municipal de Arouca

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar