Temes, Carballedo

parroquia civil do concello de Carballedo

Santa María de Temes é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 61 habitantes (33 homes e 28 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 70 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 38 habitantes, sendo 19 homes e 19 mulleres. En 2016 tiña 32 habitantes, 18 mulleres e 14 homes, segundo o INE.

Temes
Igrexa de Santa María de Temes.
ConcelloCarballedo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°27′49″N 7°45′16″O / 42.46366799, -7.75447223
Poboación25 hab. (2019)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Toponimia

editar

O topónimo ten a base no medieval Temanes, que semella un antropónimo prelatino[2].

Patrimonio

editar

O Complexo de Temes, estudado polo padre Jaime Delgado[3], é o máis importante tesouro arqueolóxico do concello e da contorna.

Neste complexo histórico-arqueolóxico podemos diferenciar tres etapas.

1- Etapa prerromana e romana. Son vestixios prerromanos unha chea de castros que se atopan no contorno e tamén o mesmo nome de Temes. Entre os romanos sobresae a ara dedicada ós deuses “Lares Viales”.

2- Etapa paleocristiá:

A tapa dun sarcófago (probablemente de entre 315-325), incrustada enriba do arco triunfal da igrexa. No seu ático nárranse iconograficamente tres escenas bíblicas: a Adoración dos ReisMagos, o pecado de Adán e Eva e o ciclo de Xonás.
A primeira inscrición cristiá de Galicia que está esculpida nunha pedra granítica: FIDES SPES CARITAS (Fe, Esperanza, Caridade).

3- Etapa cristiá-visigoda. Sobresae unha pedra coa seguinte inscrición: SAGRATIO TEMPLI KL / DCBS IN ERA DCCC / (X) L (A) (I) II. Traduciuse como: A consagración do templo foi dous días antes das kalendas de decembro (30 de novembro), na era 843 (ano 805). Consérvanse outras pezas da igrexa visigótica.

4- Etapa renacentista: o sagrario do altar maior con Cristo saíndo do sepulcro entre os apóstolos Pedro e Pablo[4].

Unha das pezas do Complexo de Temes formou parte en 1991 da Exposición Galicia no tempo.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Temes

editar
Lugares da parroquia de Temes no concello de Carballedo (Lugo)

Alvite | Antes | A Cuqueira | A Enfonxa | A Laxa | Pasarín | San Lourenzo | Temes | O Vao

Parroquias de Carballedo

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  3. Delgado Gómez, Jaime (1997). El Complejo de Temes. Los dos documentos cristianos, iconográfico uno y epigráfico otro, más antiguos de Galicia. Xunta de Galicia. ISBN 84-89468-29-X. 
  4. "Complexo de Temes". Concello de Carballedo. Consultado o 15/10/2017. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar