Temes, Temes, Carballedo

lugar da parroquia de Temes, no concello de Carballedo


Temes é un lugar da parroquia de Temes, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2019 tiña 2 habitantes, 2 mulleres.

Temes

Carballeiras que rodean o lugar
ParroquiaTemes
ConcelloCarballedo
Coordenadas42°27′46″N 7°45′20″O / 42.46275, -7.75547222Coordenadas: 42°27′46″N 7°45′20″O / 42.46275, -7.75547222
Poboación2 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

O topónimo ten a base no medieval Temanes, que semella un antropónimo prelatino[1]. Ningún outro lugar de Galicia leva o nome deste lugar e parroquia.

Patrimonio editar

O Complexo de Temes moi ben estudado polo padre Jaime Delgado[2], é o máis importante tesouro arqueolóxico do concello e da contorna.

Neste complexo histórico-arqueolóxico podemos diferenciar tres etapas.

1- Etapa prerromana e romana. Son vestixios prerromanos unha chea de castros que se atopan no contorno e tamén o mesmo nome de Temes. Entre os romanos sobresae a ara dedicada ós deuses “Lares Viales”.

2- Etapa paleocristiá:

- A tapa dun sarcófago (probablemente de entre 315-325), incrustada enriba do arco triunfal da igrexa. No seu ático nárranse iconograficamente tres escenas bíblicas: a Adoración dos ReisMagos, o pecado de Adán e Eva e o ciclo de Xonás.

- A primeira inscrición cristiá de Galicia que está esculpida nunha pedra granítica: FIDES SPES CARITAS (Fe, Esperanza, Caridade).

3- Etapa cristiá-visigoda. Sobresae unha pedra coa seguinte inscrición: SAGRATIO TEMPLI KL / DCBS IN ERA DCCC / (X) L (A) (I) II. Traduciuse como: A consagración do templo foi dous días antes das kalendas de decembro (30 de novembro), na era 843 (ano 805). Consérvanse outras pezas da igrexa visigótica.

4- Etapa renacentista: o sagrario do altar maior con Cristo saíndo do sepulcro entre os apóstolos Pedro e Pablo[3].

Unha das pezas do Complexo de Temes formou parte en 1991 da Exposición Galicia no Tempo.

Notas editar

  1. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  2. Delgado Gómez, Jaime (1997). El Complejo de Temes. Los dos documentos cristianos, iconográfico uno y epigráfico otro, más antiguos de Galicia. Xunta de Galicia. ISBN 84-89468-29-X. 
  3. "Complexo de Temes". Concello de Carballedo. Consultado o 15/10/2017. 

Lugares e parroquias editar

Lugares de Temes editar

Lugares da parroquia de Temes no concello de Carballedo (Lugo)

Alvite | Antes | A Cuqueira | A Enfonxa | A Laxa | Pasarín | San Lourenzo | Temes | O Vao

Parroquias de Carballedo editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Outros artigos editar