Abrir o menú principal

Santa Cristina de Asma, Carballedo

Coordenadas: 42°33′53.5″N 7°53′04.9″O / 42.564861, -7.884694

Santa Cristina de Asma
Carballedo SCristinaAsma.jpg
Igrexa parroquial de Sta Cristina de Asma
ConcelloCarballedo
Poboación84 hab. (2016)
Entidades de poboación6

Santa Cristina de Asma é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 109 habitantes (57 homes e 52 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 110 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 89 habitantes, sendo 45 homes e 44 mulleres. En 2016 tiña 84 habitantes, 41 mulleres e 43 homes, segundo o INE.

ToponimiaEditar

O topónimo deriva do latín Sancta Christina, Asma (palabra de orixe incerta) é o nome do río que pasa pola parroquia[1].

PatrimonioEditar

A igrexa, situada no lugar de Santa Cristina, data do século XVIII[2]

NotasEditar

  1. "Toponimia do concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 19/09/2017. 
  2. "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 21/09/2017. 

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar