Anllo, Santa Cristina de Asma, Carballedo
Anllo é un lugar da parroquia de Santa Cristina de Asma, no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 8 habitantes (4 mulleres e 4 homes).
Anllo | |
---|---|
![]() Vacas pacendo en Anllo | |
Parroquia | Santa Cristina de Asma |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°31′52″N 7°53′40″O / 42.53122222, -7.89436111 |
Poboación | 8 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo deriva do latín angulus, confluencia de dous ríos[1] (orónimo).
Algúns dos microtopónimos da zona son O Agro das Bouzas, A Albariza, O Alboredo, O Bosque, A Bouciña do Río, O Camiño Vello, A Campaceira, A Carballa, A Casarella, A Cérveda, O Chouso, A Cotarreiria, A Cruz, A Cubela de Casdepedro, A Devesa de Valdoarado, O Fondal, A Forxa, A Gandeiriña, A Hortiña, O Lameiro, A Lamela, A Leira de Esmolfe, A Leira Grande, O Monte do Gaiás, A Nabeira da Aira, A Nabeira da Fonte, A Nabeira de Baixo, A Nabeira de Riba, A Nabeira Nova, O Outeiriño, Portaquintás, O Pradiño, O Prado de Baixo, O Prado do Medio, O Prado do Muíño, O Prado Novo, O Prado de Rubiás, O Puzo, Os Ramiños, A Revolta, A Rigueira, O Salgueiriño, O Soutiño, O Souto, O Tombo, O Toxal, A Xesteira (fonte: a señora Maruja do Torozas de Aspai e familia)
Notas
editar- ↑ "Toponimia do concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 19/09/2017.
Lugares e parroquias
editarLugares de Santa Cristina de Asma
editarLugares da parroquia de Santa Cristina de Asma no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Anllo | Cas de Pedro | Esmolfe | Fente | Revelle | Santa Cristina |