San Romao de Campos, Carballedo
parroquia civil do concello de Carballedo
San Romao de Campos é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 42 habitantes (21 homes e 21 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 45 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 26 habitantes, sendo 11 homes e 15 mulleres. En 2016 tiña 22 habitantes, 13 mulleres e 9 homes, segundo o INE.
San Romao de Campos | |
---|---|
Casas tradicionais en San Romao de Campos. | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°28′22″N 7°45′31″O / 42.47263889, -7.7585 |
Poboación | 26 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo é o nome dun santo, haxiotopónimo, Sanctus Romanus, mártir de Antioquía + o latín campus[2].
Patrimonio
editarA Igrexa parroquial data do século XVIII[3].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 15/10/2017.
Lugares e parroquias
editarLugares de San Romao de Campos
editarLugares da parroquia de San Romao de Campos no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|