Chouzán, Carballedo
Santo Estevo de Chouzán é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 22 habitantes (8 homes e 14 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 40 habitantes. Segundo o INE en 2016 tiña 22 habitantes, 12 mulleres e 10 homes, no 2020 eran ,10 mulleres e 12 homes.
Chouzán | |
---|---|
Igrexa de Santo Estevo de Chouzán. | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°31′09″N 7°43′36″O / 42.51917163, -7.72668457 |
Poboación | 22 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo está relacionado cun antigo mosteiro de frades Flauzani (dun nome Flaudianus). Ningún outro lugar de Galicia leva este nome [2].
Patrimonio
editarA igrexa mosteiral de Chouzán data do século XII, é de estilo románico[3]. O mosteiro tiña canles de auga que nutrían de peixe á comunidade beneditina e aos veciños, ademais de moveren muíños e regaren as hortas. A igrexa foi declarada Monumento Nacional en 1950. Coa construción do encoro dos Peares a antiga igrexa trasladouse pedra a pedra ata a súa actual localización.[4]
Chouzán na cultura popular
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Toponimia do concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 09/10/2017.
- ↑ Ramón Fernández-Oxea, X. (1944). "San Esteban de Chouzán y sus pinturas murales". Archivo español de arte 17 (61): 10-23. ISSN 0004-0428.
- ↑ "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 09/10/2017.
- ↑ Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 160. ISBN 84-7041-041-5.
Galería de imaxes
editar-
Santo Estevo de Chouzán.
-
Fiestra na igrexa de Chouzán.
-
Escudo na igrexa de Chouzán.
-
Igrexa de Santo Estevo de Chouzán.
-
Santo Estevo de Chouzán desde Castro de Marce
Lugares e parroquias
editarLugares de Chouzán
editarLugares da parroquia de Chouzán no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
A Cela | Chouzán | A Grixoá | Pacios | Paradela | A Pena | A Poxa | A Voutureira |