Furco, Carballedo
San Gregorio de Furco é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 150 habitantes (78 mulleres e 72 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 104 habitantes, sendo 52 homes e 52 mulleres. En 2016 tiña 99 habitantes con 51 mulleres e 48 homes, segundo o INE e en 2020 88, 45 mulleres e 43 homes.
Furco | |
---|---|
Furco. Vistas | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°34′22″N 7°54′00″O / 42.57280432, -7.90012313Coordenadas: 42°34′22″N 7°54′00″O / 42.57280432, -7.90012313 |
Poboación | 88 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo pode aludir a unha bifuración de camiños, a un buraco na terra ou a algo en forma de Y[2].
Patrimonio
editarA igrexa, situada no lugar de Furco, data do século XVIII. A Reitoral –priorado de San Gregorio de Furco é do século XVIII con muros de granito. Destaca o escudo de Oseira no lintel da porta principa porque foi priorado de Oseira.[3]
Furco na cultura popular
editarAgros coma os de Furco e nabeiras coma as de Vales non as teñen nin os frades![4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Toponimia do Concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 20/09/2017.
- ↑ "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 21/09/2017.
- ↑ Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 215. ISBN 84-7041-041-5.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa.
-
Cruceiro
Lugares e parroquias
editarLugares de Furco
editarLugares da parroquia de Furco no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Abelairas | Furco | A Matanza | Penaboa | Penas Albas | O Porto | O Rañadoiro | Val do Arado |