Val do Arado, Furco, Carballedo
lugar da parroquia de Furco, no concello de Carballedo
Val do Arado é un lugar da parroquia de Furco no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. En 2016 tiña 11 habitantes, 7 mulleres e 4 homes, segundo o INE.
Val do Arado | |
---|---|
Entrada ao lugar | |
Parroquia | Furco |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°33′15″N 7°53′32″O / 42.55426111, -7.89230833 |
Poboación | 11 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
En Val do Arado houbo un ferreiro que chegou aos 100 anos entrado o século XX. Era moi coñecido na contorna e a el acudía moita xente para ferrar os zocos.
Toponimia
editarO topónimo pode ser un val de arado (o que fai os regos) ou tamén un val de alguén chamado en latín Aratus[1]. Ningún outro lugar galego se chama así.
Notas
editar- ↑ "Toponimia do Concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 20/09/2017.
Lugares e parroquias
editarLugares de Furco
editarLugares da parroquia de Furco no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Abelairas | Furco | A Matanza | Penaboa | Penas Albas | O Porto | O Rañadoiro | Val do Arado |