Aguada, Carballedo
Santa Baia de Aguada é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 324 habitantes (163 homes e 161 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 412 habitantes. En 2016 Tiña 263 habitantes, 124 mulleres e 139 homes, segundo o INE. En 2020 242, 111 mulleres e 131 homes.
Aguada | |
---|---|
Igrexa parroquial de Aguada. | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°31′00″N 7°52′00″O / 42.51666694, -7.86666694 |
Poboación | 242 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo procede do latín aqualata e pode significar auga levada, traída ou abundante[2] A xente da comarca acostuma dicir A Aguada, con artigo.
Patrimonio
editarA igrexa data de principios do século XIII e é de estilo románico, a excepción da fachada e a sancristía. A porta sur presenta un arco apuntado. A casa reitoral -priorado- é do século XVII-XVIII con muros perpiaños de granito. Sobre a portada destaca o escudo de Oseira, mosteiro do que foi priorado.[3]
Galería de imaxes
editar-
Porta lateral Igrexa de Aguada.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Toponimia do concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 17/09/2017.
- ↑ "Arquitectura relixiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 19/09/2017.
Lugares e parroquias
editarLugares de Aguada
editarLugares da parroquia de Aguada no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Agrexán | Aguada de Arriba | O Alto das Lamas | Bidueiros | A Corveira | A Eirexe | Enxerto | Fufín | As Lamas | Marrubio | Nodar | Pico | Quintela | Sever | A Tolda | Vilar do Monte |