Lobelle, Carballedo
San Cristovo de Lobelle é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 63 habitantes (28 homes e 35 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación. En 2014 65 (31 homes e 34 mulleres). En 2004 89 (47 mulleres e 42 homes) e en 1999 97 habitantes. En 2017 eran 60 (34 mulleres e 26 homes) segundo o INE. En 2018 66 (37 mulleres e 29 homes). En 2020 65, 33 mulleres e 32 homes.
Lobelle | |
---|---|
Igrexa de San Cristovo de Lobelle. | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°33′09″N 7°49′17″O / 42.55242466, -7.82132034Coordenadas: 42°33′09″N 7°49′17″O / 42.55242466, -7.82132034 |
Poboación | 65 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarA parroquia de Lobelle leva o nome do seu posuidor en xenitivo, quizais en latín Lupellus, diminutivo de Lupulus, derivado de Lupus (lobo) como antropónimo[2]. Popularmente moita xente di Novelle, como se tivese que ver con novo.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial está en Lobelle da Abaixo, foi reconstruída no derradeiro terzo do século XIX, de estilo funcionalista.
Castro de Lobelle: Asentamento castrexo situado no lugar de Lobelle de Arriba. Polo lado N-NO está situado a 1 km aproximadamente do castro de Quintá. Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 49´ 33´´ e Lat.: 42º 33´ 17´´[3].
Lobelle na cultura popular
editarOs de Trasar matan a besta,os de Lobelle cómena fresca,
e os de Quintá mandaron recado
que lles gardaran mitá do rabo. ![4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Patrimonio arqueolóxico, Concello de Carballedo". Concello de Carballedo. Consultado o 04/05/2017.
- ↑ Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 127. ISBN 84-7041-041-5.
Lugares e parroquias
editarLugares de Lobelle
editarLugares da parroquia de Lobelle no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Lobelle de Abaixo | Lobelle de Arriba | O Piñeiro | Quintela | Vilar de Mulleres |