Oronimia

(Redirección desde «Orónimo»)

En toponimia, orónimo é o nome co que se designa unha montaña ou outro accidente do relevo.

A oronimia é o estudo dos orónimos e de como os accidentes do relevo reciben o seu nome e estes son transmitidos ao longo da historia.

Etimoloxía

editar

O termo orónimo deriva do grego antigo ὄρος óros, "montaña", e oνομα ōnoma, "nome". Un exemplo sería o topónimo Alpes (alemán: Alpen; italiano: Alpi; francés: Alpes; grego: Αλπεις; occitano: Aups/Alps; romanés: Alps; eslovaco. Alpe), que comparte forma e significado con algúns topónimos galegos como Montalbo, monte Alba ou outras variantes. Cómpre ter en conta que a forma converxe con outra procedente do latín cuxo significado é "branco".

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.