Luneda, A Cañiza
Santa María de Luneda é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 163 habitantes (84 mulleres e 79 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 314 habitantes.
Luneda | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | A Cañiza[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°09′38″N 8°18′57″O / 42.16047222, -8.31583333 |
Poboación | 163 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 36[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarBaña a parroquia o rego Cortegaza[2], afluente do río Deva. Limita ao norte coa parroquia das Achas e ao sur con Mourentán (Arbo).
Historia
editarDependía da encomenda da freguesía de Santa María de Beade a través da orde de San Xoán de Xerusalén[3].
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de Santa María ten unha espadana de dúas campás. Amais existe unha capela adicada a San Roque e outra ermida adicada á Angustia no lugar do Lagarto, de propiedade particular.
Nesta parroquia atópase situada a casa e a Fundación Mundonatura.
Galería de imaxes
editar-
Capela de San Roque.
-
Capela da Angustia.
-
Escudo na capela da Angustia.
-
Inscrición labrada na capela da Angustia.
-
Placa na capela da Angustia.
-
Escultura en homenaxe ao fotógrafo Xosé Gil y Gil.
Lugares e parroquias
editarLugares de Luneda
editarLugares da parroquia de Luneda no concello da Cañiza (Pontevedra) | |
---|---|
A Abelleira | Os Blancos | O Candán | O Carballo | O Carnal | A Carreira | A Casavella | A Castiñeira Vella | A Chan | Os Cortizos | A Costa | O Cotiño | O Coto do Mouro | O Coto do Muíño | Éichegas | A Ermida | Fraguas | Gonda | O Lagarto | Luneda | O Outeiro | O Palleiro | O Pereiro | A Porteliña | O Quinteiro | Raxoi | Requeixos | A Revoltiña | O Sabugueiro | San Roque | A Senra | O Souto | As Táboas | O Teso | O Touredo | Vilariño |
Parroquias da Cañiza
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega.
- ↑ Francisco Ávila y la Cueva (1852): Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado.