Vizela
Vizela é un concello portugués pertencente ao Distrito de Braga, na Rexión Norte (subrexión Ave). O concello ten unha extensión de 23,92 km² e unha poboación total de 23.737 habitantes (2011), dos cales 14.416 residen na capital.[1]
Vizela | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Norte | ||
Subrexión | Ave | ||
Distrito | Braga | ||
Xeografía | |||
Superficie | 23,92 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 23.736 hab. (2011)[1] | ||
Densidade | 992,31 hab/km² | ||
Xentilicio | Vizelense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 4815 Vizela | ||
Alcalde | Dinis Costa | ||
www.cm-vizela.pt/ |
O concello de Vizela limita ao norte norte e ao oeste co concello de Guimarães, ao oeste con Santo Tirso ao leste con Felgueiras e ao sur por Lousada.
O concello foi creado o 24 de maio de 1361, extinguíndose o 3 de febreiro de 1408. Tivo entón a designación de Riba Vizela. O municipio foi restaurado o 19 de marzo de 1998 polo desmembramento de freguesías de Guimarães, Lousada e Felgueiras.
DemografíaEditar
Evolución da poboación do concello de Vizela (2001 – 2011) | ||
---|---|---|
2001 | 2004 | 2011 |
22595 | 23528 | 23736 |
FreguesíasEditar
O concello de Vizela está dividido nas seguintes sete freguesías: