87ª edición dos Óscar

A 87ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2014 dos Estados Unidos de América e celebrouse o 22 de febreiro de 2015 no Dolby Theatre en Hollywood, California. Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. O evento foi televisado nos Estados Unidos pola canle ABC, e foi producido por Neil Meron e Craig Zadan e dirixido por Hamish Hamilton. O actor Neil Patrick Harris foi o presentador da gala por primeira vez.[1]

Por outra banda, a Academia celebrou a 6ª cerimonia anual dos Premios Gobernador no Grand Ballroom de Hollywood and Highland Center o 8 de novembro de 2014.[2] O 7 de febreiro de 2015, nunha cerimonia no The Beverly Hills Hotel en Beverly Hills (California), foron presentados os Premios da Academia ó Logro Técnico por Margot Robbie e Miles Teller.[3]

Birdman or (The Unexpected Virtue of Ignorance) e The Grand Budapest Hotel foron os que máis premios gañaron,[4] con cadanseus catro galardóns.[5] Birdman gañou o mellor director, mellor filme e mellor guión orixinal para Alejandro González Iñárritu, mentres que The Grand Budapest Hotel gañou mellor banda sonora para Alexandre Desplat.[6] Outros gañadores foron Whiplash con tres premios como mellor actor secundario para J. K. Simmons,[7] e The Theory of Everything, Still Alice, Boyhood, The Imitation Game, Big Hero 6, Ida, Citizenfour, Crisis Hotline: Veterans Press 1, The Phone Call, Feast, Selma, O francotirador e Interstellar cun premio cada un.

Gañadores e nomeados

editar
 
Alejandro González Iñárritu, mellor filme, mellor director e mellor guión orixinal.
 
Eddie Redmayne, mellor actor
 
Julianne Moore, mellor actriz
 
J. K. Simmons, mellor actor secundario
 
Patricia Arquette, mellor actriz secundaria
 
Laura Poitras, mellor documental
 
Alexandre Desplat, mellor banda sonora

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[8]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor deseño de produción Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Premios de Honra

editar

A Academia tamén celebrou a sexta edición dos Premios Gobernadores o 8 de novembro de 2014, durante a cal foron presentados os Oscar de Honra e o Premio Humanitario Jean Hersholt.[2][9][10]

Oscars de Honra

editar

Premio humanitario Jean Hersholt

editar
Predecesor:
86ª edición dos Óscar
Premios Óscar
87ª edición dos Óscar
Sucesor:
88ª edición dos Óscar
  1. Gray, Tim (15 de outubro de 2014). "Neil Patrick Harris to Host the Oscars". Variety. Consultado o 15 de outubro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 "Academy Unveils 2014 Governors Awards Recipients". Variety. Consultado o 1 de setembro de 2014. 
  3. "Margot Robbie, Miles Teller to hand out Sci-Tech Oscars". Entertainment Weekly. 28 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2015. Consultado o 29 de xaneiro de 2015. 
  4. The Sydny Morning Herald (ed.). "Oscars 2015 winners: Birdman, The Grand Budapest Hotel get the most awards". Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  5. Carroll, Rory. "Birdman wins the big two, but ties with Grand Budapest Hotel in total Oscars tally". The Guardian. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  6. "Oscars 2015: 'Birdman,' 'Grand Budapest Hotel' Win Big". Rolling Stone. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  7. Beaumont-Thomas, Ben. "JK Simmons wins best supporting actor Oscar for Whiplash". The Guardian. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  8. "The 87th Academy Awards (2015} Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  9. "Honorary Oscars presented to Harry Belafonte, Maureen O'Hara, Hayao Miyazaki". CBS News. Consultado o 9 de novembro de 2014. 
  10. "Harry Belafonte, Hayao Miyazaki, Maureen O'Hara to get honorary Oscars". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar