Mandariinid
Mandariinid (en xeorxiano: მანდარინები; en estoniano: Mandariinid) é un filme xeorxiano-estoniano de 2013. Está dirixida, producida e escrita por Zaza Urushadze (Director de cinema e guionista xeorxiano). O filme leva unha mensaxe pacifista e examina realidades do tempo da guerra en canto ao sentido de como ser humano. Foi filmada en Guria, Xeorxia.
Mandariinid | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | მანდარინები Mandariinid |
Director | Zaza Urushadze |
Produtor | Ivo Felt, Zaza Urushadze |
Guión | Zaza Urushadze |
Intérpretes | Lembit Ulfsak, Elmo Nüganen, Mikheil Meskhi, Giorgi Nakashidze, Raivo Trass |
Música | Niaz Diasamidze |
Distribuidora | Allfilm, Cinema 24, Samuel Goldwyn Films |
Estrea | 15 de outubro de 2013 |
Duración | 87 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Orzamento | 650 000 € |
Na rede | |
http://allfilm.ee/en/filmid/tangerines/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O filme foi nomeado ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios.
Sinopse
editarA historia transcorre nunha vila rural de Abkhazia (Xeorxia) durante a guerra (1992-93) onde granxeiros estonianos viven nunha plantación de mandarinas. Cando a guerra comeza, moitos estonianos que vivían na vila volven a Estonia. Aínda así, dous homes estonianos, Ivo (Lembit Ulfsak) e Margus (Elmo Nüganen) seguen na vila para rematar a tempada de mandarinas. Mentres estanse a dedicar aos seus negocios, vense en medio da guerra cando soldados xeorxianos e chechenos teñen un ataque xusto na vila. Só dous dos soldados sobreviven, Ahmed (Giorgi Nakhashidze), un mercenario checheno do bando dos abkhazos, e Niko (Mikheil Meskhi), soldado xeorxiano. Os dous granxeiros estonianos acóllenos e comezan a alimentalos para que melloren.
Personaxes
editar- Lembit Ulfsak como Ivo, un vello granxeiro estoniano que vive en Abkhazia.
- Giorgi Nakashidze como Ahmed, un soldado checheno ferido.
- Elmo Nüganen como Margus, amigo de Ivo e granxeiro estoniano.
- Mikheil Meskhi como Niko, un soldado xeorxiano ferido.
Premios e nomeamentos
editarPremio | Data da cerimonia | Categoría | Receptor(es) | Resultado | Ref(s) |
---|---|---|---|---|---|
87ª edición dos Oscar | 22 de febreiro de 2015 | Mellor filme de lingua estranxeira | Mandariinid | Nomeado | [1] |
Bari International Film Festival | 12 de abril de 2014 | Mellor filme | Mandariinid | Gañador | [2] |
Fajr International Film Festival | 4 de febreiro de 2014 | Mellor director | Zaza Urushadze | Gañador | [3] |
Mellor filme (produtores) | Zaza Urushadze e Ivo Felt | Gañador | |||
Premios Globo de Ouro | 11 de xaneiro de 2015 | Mellor filme de lingua estranxeira | Mandariinid | Nomeado | [4] |
International Filmfestival Mannheim-Heidelberg | 10 de novembro de 2013 | Premio da audiencia | Mandariinid | Gañador | |
Premio especial de Mannheim-Heidelberg | Mandariinid | Gañador | |||
Premios Satélite | 15 de febreiro de 2015 | Mellor filme de lingua estranxeira | Mandariinid | Gañador | [5] |
Tallinn Black Nights Film Festival | 30 de novembro de 2013 | Mellor filme estoniano | Mandariinid | Gañador | [6] |
War on Screen | 5 de outubro de 2014 | Gran premio do xurado | Mandariinid | Gañador | [7] |
Warsaw International Film Festival | 20 de novembro de 2013 | Premio da audiencia: Mellor filme | Mandariinid | Gañador | [8] |
Premio ao mellor director | Zaza Urushadze | Gañador |
Notas
editar- ↑ "Oscars 2015: Nominations list". BBC News. Consultado o 15 de xaneiro de 2015.
- ↑ Bari International Film Festival 2014
- ↑ "32nd Fajr International Film Festival 2014". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ "Tangerines". Golden Globe Awards. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2015.
- ↑ "Current Nominees - Categories". International Press Academy (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2015.
- ↑ "Selgusid PÖFFi võitjad". ERR (en estoniano). 30 de novembro de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2015.
- ↑ "War on Screen 2014". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2018.
- ↑ Awards at the 29th Warsaw Film Festival
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Estonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Mandariinid na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)