Óscar á mellor curtametraxe de acción en vivo

O Oscar á mellor curtametraxe de acción en vivo (Academy Award for Live Action Short Film) é un premio entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como parte dos premios Oscar. Entrégase dende a 5ª edición dos Óscar. A Academia define curtametraxe como un filme de "non máis de corenta minutos, incluíndo todos os créditos".[1]

Entre 1932 e 1935 a categoría estaba dividida en"Mellor curtametraxe, comedia" ("Best Short Subject, comedy") e "Mellor curtametraxe, novidade" ("Best Short Subject, novelty"). Dende 1936 ata 1956 estaba dividida en "Mellor curtametraxe, un rolo" ("Best Short Subject, One-reel") e "Mellor curtametraxe, dous rolos" ("Best Short Subject, Two-reel"), ademais de "Mellor curtametraxe, cor" ("Best Short Subject, color"), que se entregou aos filmes de 1936 e 1937. Dende 1957 a 1970 chamouse "Curtametraxe, acción en vivo" ("Short Subjects, Live Action Subjects") e ata 1973 foi "Curtametraxe, filmes de acción en vivo" ("Short Subjects, Live Action Films"). Desde 1974 recibe o nome actual.

Ano Filme Nomeados
2020/21
(93ª)
Two Distant Strangers Travon Free e Martin Desmond Roe
Feeling Through Doug Roland e Susan Ruzenski
The Letter Room Elvira Lind e Sofia Sondervan
The Present Farah Nabulsi
White Eye Tomer Shushan e Shira Hochman
2021
(94ª)
The Long Goodbye Aneil Karia e Riz Ahmed
Ala Kachuu – Take and Run Maria Brendle e Nadine Lüchinger
The Dress Tadeusz Łysiak e Maciej Ślesicki
On My Mind Martin Strange-Hansen e Kim Magnusson
Please Hold K.D. Dávila e Levin Menekse
  1. Rule Nineteen: Short Films Awards. Consultado o 27 de marzo de 2010.
  2. Este filme foi anunciado inicialmente como un dos candidatos da categoría, mais antes de votación final foi descualificado e substituído por outra curtametraxe de RKO Radio, Scratch-As-Catch-Can. Non existe documentación no rexistro da Academia sobre o motivo da descualificación.
  3. "Ballet Robotique" (PDF). BRC Imagination Arts. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de decembro de 2013. Consultado o 03 de agosto de 2015.  Arquivado 19 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
  4. "Nominees for the 85ª edición dos Óscar". oscars.com. Consultado o 9 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

editar