34ª edición dos Óscar
A 34.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 9 de abril de 1962 no Santa Monica Civic Auditorium de Santa Monica (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Bob Hope.
Sophia Loren converteuse na primeira intérprete que gañou un Óscar por unha interpretación nunha lingua diferente do inglés. Por primeira vez dúas persoas compartiron o premio ao mellor director.
PremiosEditar
Robert Wise, mellor filme e mellor director
Jerome Robbins, mellor director
Maximilian Schell, mellor actor
Sophia Loren, mellor actriz
George Chakiris, mellor actor secundario
Rita Moreno, mellor actriz secundaria
William Inge, mellor guión orixinal
Henry Mancini, mellor banda sonora e mellor canción
Boris Leven, mellor dirección artística en cor
Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[1]
Oscar honoríficoEditar
- William L. Hendricks, "polo seu destacado servizo patriótico na concepción, escritura e produción do filme do corpo de marines A Force in Readiness, que deu honor á Academia e á industria cinematográfica"
- Fred L. Metzler, "pola súa dedicación e destacado servizo á Academia"
- Jerome Robbins, "polos seus brillantes logros na arte da coreografía no cinema"
Irving G. Thalberg Memorial AwardEditar
Jean Hersholt Humanitarian AwardEditar
NotasEditar
- ↑ "The 34th Academy Awards (1962) Nominees and Winners". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
Predecesor: 33ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 34ª edición dos Óscar |
Sucesor: 35ª edición dos Óscar |