Leslie Townes Hope, coñecido como Bob Hope, nado en Eltham (Inglaterra) o 29 de maio de 1903 e finado en Hollywood o 27 de xullo de 2003, foi un famoso artista británico-estadounidense que apareceu en teatro, radio e televisión, en películas de cine, e en actuacións para o exército dos Estados Unidos.

Bob Hope
Nome completoLeslie Townes Hope
Nacemento29 de maio de 1903
LugarEltham
Falecemento27 de xullo de 2003
LugarToluca Lake
Causapneumonía
SoterradoCemitério San Fernando Mission
NacionalidadeEstados Unidos de América, Reino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Relixióncatolicismo
Cónxuxe(s)Dolores Hope
Profesiónhumorista, cantante, escritor, guionista, actor de televisión, boxeador, locutor de radio, actor de cinema, presentador de televisión, actor de teatro, actor de dobraxe, bailarín e actor
Na rede
http://www.bobhope.com/
IMDB: nm0001362 Allocine: 20325 Rottentomatoes: celebrity/bob_hope_2 Allmovie: p33168 TCM: 88779 TV.com: people/bob-hope IBDB: 45540
Spotify: 3AqbUi4ZK5Ob31JYFS9aTr iTunes: 282049 Last fm: Bob+Hope Musicbrainz: 48901e22-cc02-4fa0-8c7f-1fe2930dd45e Songkick: 376599 Discogs: 575586 Allmusic: mn0000064103 WikiTree: Hope-152 Find a Grave: 7716821 Genius: Bob-hope Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Bob Hope e Dorothy Lamour en Camiño de Bali (1952).

Traxectoria editar

Foi o quinto de sete irmáns. O seu pai William Henry Hope, Inglés, era canteiro de Weston-super-Mare e a súa nai Avis Townes, Galesa, era cantante de opereta aínda que tivo que deixalo para dedicarse a limpar. A familia viviu en Weston-super-Mare, en Whitehall e en St. George in Bristol, antes de trasladarse a Cleveland, Ohio en 1907. Hope converteuse en cidadán estadounidense en 1920 cando tiña 17 anos.

Antes de dedicarse ó mundo do espectáculo, Hope traballou como boxeador (co nome de Packy Easte), aínda que non tivo moito éxito. É entón cando participa nalgúns concursos, imitando a Charles Chaplin. Nun deles veo o comediante Fatty Arbuckle e en 1925 dálle traballo. Un ano despois, Hope forma parte dun número chamado "The Dancemedians" coas Irmás Hilton. Logo de cinco anos no mundo do vodevil, volve a Nova York e comeza a aparecer nalgúns musicais de Broadway. As súas actuacións eran ben recibidas e os críticos comezaron a destacar o seu sentido do humor.

A mediados da década de 1930 Hope volve a Hollywood, onde comeza con algunhas películas de serie B para a Warner Brothers. En 1938, na película "The Big Broadcast of 1938", aparece cantando a canción que se converterá no seu selo, "Thanks for the Memory", e que se converterá nun grande éxito de vendas e de crítica.

A partir dese momento, as regulares aparicións de Hope en películas de Hollywood e na radio, fanlle un dos mñas coñecidos artistas de Norteamérica.

No cine, é recordado por películas como "My Favorite Brunette" e polas películas que protagonizou xunto a Bing Crosby e Dorothy Lamour. Lamour é a artista feminina que máis traballou xunto a Bob Hope, aínda que tamén o fixo con actrices como Lucille Ball, Jane Russell ou Katharine Hepburn.

Tamén actúo na televisión, onde debutou en 1932, durante un test de transmisión nos estudos da CBS en Nova York. A súa carreira neste medio transcorreu ao longo de 64 anos, traballando principalmente para a NBC.

Nunca gañou un Oscar polas súas interpretacións, pero a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas outorgoulle varios premios especiais e actuou como mestre de cerimonias en varias edicións dos Premios da Academia entre os anos 50 e os 80.

No ámbito persoal, casou dúas veces. A primeira foi coa súa compañeira de vodevil Grace Louise Troxell con quen casou o 25 de xaneiro de 1933, da que moi pronto se divorciou. Hope casou posteriormente con Dolores Defina o 19 de febreiro de 1934. Dolores, cantante nun nightclub e coñecida profesionalmente como Dolores Reade, á que coñeceu dous meses antes, foi a súa esposa durante 69 anos, sendo o matrimonio máis duradeiro na historia de Hollywood ata o momento. Adoptaron catro fillos, todos eles dun orfanato en Evanston, Illinois.

Debido á súa lonxevidade, Hope sufriu dúas "mortes prematuras". En 1998, un obituario preparado pola Asociación da Prensa foi publicado en Internet por erro. En 2003, o seu obituario estaba entre os que foron publicados na CNN por erro.

Hope celebrou o seu 100 aniversario o 29 de maio de 2003. Para festexar este evento, o cruzamento entre Hollywood Boulevard e Vin street nos Ánxeles (California) foi chamado Bob Hope Square e o seu centenario foi declarado o Día de Bob Hope en 35 estados de Estados Unidos. Hope morreu dous meses despois por mor dunha pneumonía, o 27 de xullo de 2003 na súa casa do Lago Toluca, ó norte de Hollywood.

Véxase tamén editar