Karoline Wilhelmine Charlotte Blamauer, coñecida como Lotte Lenya, nada en Viena (Austria-Hungría) o 18 de outubro de 1898 e finada en Nova York o 27 de novembro de 1981 foi unha cantante, rapsodo,[1] e actriz austríaca establecida durante moito tempo nos Estados Unidos.[2] No mundo xermanofalante e no da música clásica é especialmente lembrada polas súas interpretacións das cancións do seu home, Kurt Weill. No cinema en lingua inglesa, foi candidata ao Oscar polo seu papel de aristócrata aburrida en The Roman Spring of Mrs. Stone (1961). Tamén interpretou a sádica asasina Rosa Klebb no filme de James Bond Desde Rusia con amor (1963).

Infotaula de personaLotte Lenya

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Karoline Wilhelmine Charlotte Blamauer Editar o valor em Wikidata
18 de outubro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte27 de novembro de 1981 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaMount Repose Cemetery (en) Traducir
Haverstraw (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLotte Lenya Editar o valor em Wikidata
ResidenciaNova York (1935–1981)
Costa Azul (pt) Traducir (1933–1934)
Kleinmachnow (1932–1933)
Berlín (1921–1932)
Zürich (1913–1921)
Viena (1898–1913) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeatro, filme, Televisión e Ópera Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz de teatro , actriz , monologist (en) Traducir , actriz de cinema , cantante de ópera Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1928 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMusical Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraContralto Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido (1971–valor descoñecido)
valor descoñecido (1962–1969), morte do cónxuxe
George Davis (pt) Traducir (1951–1957), morte do cónxuxe
Kurt Weill (1937–1950), morte do cónxuxe
Kurt Weill (1926–1933) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webkwf.org… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0502322 Allocine: 11069 Allmovie: p41824 TCM: 112003 TV.com: people/lotte-lenya IBDB: 49475
Musicbrainz: 244f758f-5154-49c8-b3e1-551491e502f3 Discogs: 407120 Allmusic: mn0000806947 WikiTree: Blamauer-1 Find a Grave: 3805 Genius: Lotte-lenya Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

Lenya naceu nunha familia católica de clase obreira en Viena.[3] Marchou a estudar a Zúric en 1914, conseguindo o seu primeiro traballo na Schauspielhaus, co nome artístico de Lotte Lenja. Mudouse a Berlín en 1921.

En 1922, Lenya foi escoitada polo seu futuro marido, o compositor alemán Kurt Weill, durante unha audición para a súa primeira música para teatro, Zaubernacht, mais debido á súa situación detrás do piano, non a viu. Foi escollida, mais debido á súa lealdade ao seu profesor de voz, rexeitou o papel. Lenya e Weill non se coñeceron persoalmente ata 1924 a través dun coñecido, o escritor Georg Kaiser e casaron en 1926. Aceptou o papel de Jenny na primeira interpretación de A ópera dos tres reás en 1928, que foi o seu papel revelación. Durante os últimos anos da república de Weimar, estivo ocupada no cinema e no teatro, especialmente nas obras de Brecht-Weill. Fixo varias gravacións das cancións de Weill.[4]

Co ascenso do nazismo en Alemaña, os artistas con inclinacións esquerdistas non eran apreciados, e aínda que non era xudía, marchou do país, separándose de Weill, do que se divorciou en 1933.

Lenya e Weill establecéronse en Nova York o 10 de setembro de 1935.[5] Durante o verán de 1936, Weill, Lenya, Paul Green e Cheryl Crawford alugraon unha casa no 277 Trumbull Avenue de Nichols, Connecticut, a unhas dúas millas de distancia de Pine Brook Country Club, lugar de ensaio estival do Group Theatre.[6][7] Alí, Green e Weill escribiron o guión e a música da controvertida obra de Broadway Johnny Johnson, titulada co nome máis repetido na listaxe de vítimas estadounidenses na primeira guerra mundial. Durante este período, Lenya tivo unha relación amorosa co dramaturgo Paul Green.[8][9]

Durante a segunda guerra mundial, Lenya realizou actuacións no teatro, gravacións e actuacións para a radio, incluíndo para Voice of America. Tras unha interpretación mal recibida no musical do seu marido The Firebrand of Florence en 1945 en Nova York, abandonou os escenarios.[10] Trala morte de Weill en 1950, convencérona de que volvese. Apareceu na obra de Broadway Barefoot in Athens e casou co editor George Davis.[10]

Carreira posterior editar

En 1956, gañou o premio Tony polo seu papel de Jenny na versión en inglés de A ópera dos tres reás de Marc Blitzstein, única vez na que unha actuación no Off-Broadway recibiu o galardón. Lenya continuou a gravar cancións do seu tempo en Berlín, ademais de cancións do teatro estadounidense. A súa voz volvérase máis profunda cos anos. Cando tivo que cantar a parte de soprano en Rise and Fall of the City of Mahagonny e The Seven Deadly Sins, o papel tivo que ser trasporse a claves substancialmente máis baixas.[10]

Empregouse Sprechgesang nalgunhas das máis célebres cancións nas obras de Brecht-Weill plays pero agora Lenya usábao incluso máis para compensar defectos da súa voz. Lenya era consciente do problema; noutros contextos, era moi coidadosa para respectar completamente a música do seu marido.[10][11][12]

Fundou a Kurt Weill Foundation for Music,[13] para administrar os ingresos e os asuntos de dereitos e para espallar o coñecemento sobre a obra de Weill.[12] Estaba presente no estudio cando Louis Armstrong gravou "Mack the Knife". Armstrong improvisou a liña "Look out for Miss Lotte Lenya!" e engadiu o nome dela como unha das conquistas de Mack na canción.

O seu papel como amiga práctica de Vivien Leigh, a Contessa Magda Terribili-Gonzales na versión cinematográfica da obra de Tennessee Williams The Roman Spring of Mrs. Stone (1961) valeulle a Lenya unha candidatura ao Oscar á mellor actriz secundaria.[14] En 1963, foi seleccionada como a axente de SPECTRE Rosa Klebb no filme de James Bond Desde Rusia con amor con Sean Connery e Robert Shaw.[14]

En 1966, Lenya orixinou a personaxe de Fräulein Schneider no elenco orixinal de Broadway do musical Cabaret.[11][15] A banda sonora de Kander e Ebb foi considerada inspirada pola música de Weill. En 1979, dous anos antes da súa morte, Lotte Lenya foi incluída no American Theater Hall of Fame.[16]

Falecemento editar

Lenya faleceu de cancro en Manhattan en 1981, aos 83 anos. Foi enterrada preto de Weill no Mount Repose Cemetery en Haverstraw, Nova York.[12]

Vida persoal editar

Lenya casou con Weill en 1926 e divorciáronse en 1933, para reconciliarse en setembro de 1935 tras emigrar aos Estados Unidos. Volveron casar en 1937. En 1941, a parella mudouse a unha casa da súa propiedade en New City, Rockland County, Nova York, a aproximadamente 50 km ao norte da cidade de Nova York. Este segundo matrimonio duraou ata a morte de Weill en 1950.[11]

O segundo marido de Lenya foi o editor estadounidense George Davis (1951-1957). Trala morte de Davis en 1957, volveu casar co artista Russell Detwiler en 1962. El era vinte e seis anos máis novo, pero Lenya enviuvou por terceira vez cando Detwiler faleceu en 1969, aos 44 anos.[11]

Legado editar

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
1931 The Threepenny Opera Jenny Diver
1961 The Roman Spring of Mrs. Stone Contessa Magda Terribili-Gonzales
1963 Desde Rusia con amor Rosa Klebb
1965 Mutter Courage und ihre Kinder Nai Coraxe Telefilme
1966 Ten Blocks on the Camino Real A xitana Telefilme
1969 The Appointment Emma Valadier
1977 Semi-Tough Clara Pelf
1980 Mahagonny Voz

Notas editar

  1. Biography of Kurt Weill, Pickford Prod., Inc (biografía inédita, 20 de abril de 1945) Yale Music Library
  2. Obituary Variety, 2 de decembro de 1981.
  3. Profile of Lenya/Weill, nytimes.com, 6 de xaneiro de 2013; consultado o 10 de xuño de 2014.
  4. "Lotte Lenya discography". Kurt Weill Foundation. Consultado o 26 de abril de 2017. 
  5. Jackson, Kenneth T. (1995). The Encyclopedia of New York City. The New York Historical Society; Yale University Press. p. 1252. ISBN 0-300-05536-6. 
  6. "Pinewood Lake website retrieved 10 September 2010". Pinewoodlake.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 31 de agosto de 2012. 
  7. Images of America, Trumbull Historical Society, 1997, p. 123
  8. Speak Low (when you speak of love): The Letters of Kurt Weill and Lotte Lenya
  9. A Southern Life: Letters of Paul Green, 1916–1982, p. 258
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 "Lotte Lenya biography". Kurt Weill Foundation. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2013. Consultado o 23 de abril de 2013. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 "Lotte Lenya: A Detailed Chronology 1960–1969". Kurt Weill Foundation. Consultado o 7 de febreiro de 2017. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "Lotte Lenya: A Detailed Chronology 1970–1981". Kurt Weill Foundation. Consultado o 7 de febreiro de 2017. 
  13. "Kurt Weill Foundation for Music". Kurt Weill Foundation. Consultado o 23 de abril de 2013. 
  14. 14,0 14,1
  15. 15,0 15,1 Lotte Lenya na Internet Broadway Database
  16. "Theater Hall of Fame Enshrines 51 Artists" (PDF). New York Times. Consultado o 6 de xuño de 2014. 
  17. Greenwald, Matthew. "Lalena". AllMusic. Consultado o 8 de novembro de 2015. 
  18. "Michael Kunze: Leyna". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2014. Consultado o 16 de abril de 2014. 
  19. "Shag Tobacco – Lyrics". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar