Edith Clare Posener, nada en San Bernardino (California) o 28 de outubro de 1897 e finada en Hollywood o 24 de outubro de 1981, foi unha deseñadora de vestiario estadounidense coñecida como Edith Head, considerada unha das máis destacadas do deseño de Hollywood. Gañou un total de oito premios Oscar, máis que ningunha outra muller na historia.[1]

Infotaula de personaEdith Head

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1897 Editar o valor em Wikidata
San Bernardino, California, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 1981 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California en Berkeley
Otis College of Art and Design (en) Traducir
Universidade Stanford
Chouinard Art Institute (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiseñador de vestuario , deseñador de moda Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1927 Editar o valor em Wikidata -
Familia
CónxuxeWiard Ihnen (pt) Traducir (1940–1979) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0372128 Allocine: 48407 Allmovie: p93857 TCM: 83672 IBDB: 24938
Musicbrainz: af699969-a4d3-4ae8-bdc2-e6d6bb3b9f05 WikiTree: Posener-1 Find a Grave: 2881 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Head naceu en San Bernardino,[2] filla de pais xudeus. Os seus pais separáronse e en 1905 a súa nai Anna casou co enxeñeiro Frank Spare. Debido ao seu traballo, o padrasto cambiaba continuamente de residencia e criouna no catolicismo.[3]

Head licenciouse en Filosofía e Letras, con honores en francés, pola Universidade de California en Berkeley e en 1920 obtivo un grao en linguas románicas pola Universidade Stanford.[4]

Comezou a exercer como profesora de francés nun colexio para rapazas en Hollywood, onde para aumentar o seu salario se ofreceu a dar clases extra de arte. Para mellorar os seus coñecementos básicos de debuxo matriculouse en clases nocturnas no Chourniard Art College,[5] onde coñeceu a Charles Head, irmán dunha compañeira de clase. Casaron en 1923 mais o matrimonio durou pouco. Con todo, non se divorciaron oficialmente ata 1936 e ela mantivo o seu apelido como nome artístico, mesmo despois de contraer matrimonio con Wiard Ihnen, deseñador de decorados.

Tras un breve paso polo mundo da publicidade, entrou en Paramount Pictures como xefa do departamento de vestiario en substitución de Travis Warton. Converteuse na principal deseñadora da Paramount en 1933 e despois traballou nos Universal Studios. A viveza e personalidade dos seus deseños convertérona rapidamente nunha celebridade no mundo hollywoodiense.[6] Foi admirada pola ampla variedade das súas creacións, dende as elegantemente sinxelas ata as intricadamente extravagantes. Deseñou o vestiario de actrices como Mae West, Barbara Stanwyck, Ginger Rogers, Audrey Hepburn, Natalie Wood, Bette Davis, Ingrid Bergman, Gloria Swanson, Kim Novak, Tippi Hedren e tamén para actores como Paul Newman e Robert Redford. Exerceu para moitas actrices de amiga e deseñadora persoal, creando dende camisetas ata vestidos de noiva, como o que luciu Natalie Wood. Non obstante, ela mesma sempre vestía de xeito sinxelo, preferindo lentes de montura grosa e traxes conservadores de dúas pezas.[7]

Gañou un total de oito premios Oscar, entre 1949 e 1973, dun total de 35 candidaturas.[8]

Continuou a traballar ata dúas semanas antes da súa morte, debida a unha afección do sangue.[7] Está enterrada no Forest Lawn Memorial Park en Glendale, California.[9][10]

Na cultura popular editar

En 1999 o grupo They Might Be Giants incluíu unha canción no seu álbum Long Tall Weekend titulada "(She Thinks She's) Edith Head."

A personaxe de Edna Mode de The Incredibles está baseada no aspecto de Edith Head, recoñecida polas súas lentes de montura negra e peiteado a tazón.

Notas editar

  1. Fishko, Sara. Edith Head. 25 de febreiro de 2011.
  2. Commire, Anne; Klezmer, Deborah (2000). Women in World History: Harr-I. Yorkin Publications. ISBN 978-0-7876-4066-8. 
  3. Chierichetti, David (2003). Edith Head: The Life and Times of Hollywood's Celebrated Costume Designer. New York: HarperCollins. pp. 2–3. ISBN 0-06-019428-6. 
  4. Chierichetti, David (2003). Edith Head: The Life and Times of Hollywood's Celebrated Costume Designer. Nova York: HarperCollins. p. 6. ISBN 0-06-019428-6. 
  5. 1937-, Leese, Elizabeth, (1991). Costume design in the movies : an illustrated guide to the work of 157 great designers. New York: Dover Publications. ISBN 048626548X. OCLC 23386758. 
  6. "Edith Head, la gran modista de Hollywood" (en castelán). 17 de maio de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Jorgensen, Jay (2010). Edith Head: The Fifty-Year Career of Hollywood's Greatest Costume Designer. Running Press. ISBN 9780762441730. Consultado o 28 de outubro de 2013. 
  8. Williams, Rob (28 de outubro de 2013). "Google Doodle Celebrates Oscar Award Winning Hollywood Costume Designer Edith Head". The Independent. independent.co.uk. Consultado o 29 de outubro de 2013. 
  9. Ellenberger, Allan R. (1 de maio de 2001). Celebrities in Los Angeles Cemeteries: A Directory (en inglés). McFarland. ISBN 9780786450190. 
  10. "Edith Head (1897 - 1981) - Find A Grave Memorial". www.findagrave.com. Consultado o 9 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar