The Incredibles (en galego, Os Incribles) é o sexto filme de animación de Pixar Animation Studios, gañador na súa categoría dos Premios Oscar, e o primeiro cun elenco enteiramente composto por personaxes humanos, estreado nos Estados Unidos o 5 de novembro de 2004 e en España o 26 de novembro do mesmo ano.

The Incredibles


Tipocinema de animación Editar o valor en Wikidata
Forma artísticalongametraxe Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofilme de superheroes, filme de acción, cinema de comedia e filme familiar Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aBrad Bird Editar o valor en Wikidata
Compositor/aMichael Giacchino e Brian Tyler Editar o valor en Wikidata
GuionistaBrad Bird Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaJanet Lucroy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineStephen Schaffer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enMetroville (en) Traducir e Nomanisan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Universo ficticioThe Incredibles universe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aJohn Walker (produtor) (pt) Traducir, John Lasseter, Katherine Sarafian (pt) Traducir e Kori Rae (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoJohn Lasseter Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraPixar e Walt Disney Pictures Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aInterCom, Disney+ e Walt Disney Studios Motion Pictures Editar o valor en Wikidata
Recadación631.606.713 $ e 261.441.092 $ Editar o valor en Wikidata
Custo92.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda e estrea en cinemas Editar o valor en Wikidata
Parte da serielista de filmes de Pixar e The Incredibles (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Dimensións
Duración1 hora e 51 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxesen valor Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
24 de outubro de 2004 Estrea Editar o valor en Wikidata
Premios
Fontes e ligazóns
Páxina WEBpixar.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0317705 Filmaffinity: 288179 Allocine: 53096 Rottentomatoes: m/the_incredibles Mojo: incredibles Allmovie: v287450 TCM: 536488 Metacritic: movie/the-incredibles TV.com: movies/the-incredibles Netlix: 70001989 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O filme está escrito e dirixido por Brad Bird, antigo director de capítulos de The Simpsons e máis coñecido por ser responsable da dirección do filme de animación The Iron Giant. Inicialmente foi concibido como un filme de animación convencional para a compañía Warner Bros pero esta clausurou a súa división de animación. Brad Bird foi contratado daquela por Pixar para desenvolver alí o proxecto.

Sinopse

editar

A historia comeza con tres superheroes, Mr. Incredible (Bob Parr), a superheroína Elastigirl (Helen Parr) e Frozone (Lucius Best) nos seus días de gloria, salvando o mundo ata que Mr. Incredible foi demandado por unha persoa que o salvou. Isto provocou unha vaga de accións legais contra todos os superheroes, que foron mandados a un retiro forzado polos próximos 15 anos.

Bob Parr agora ten un emprego rutineiro e aburrido cun xefe insoportable. Bob traballa para manter a súa encantadora familia, composta pola súa dona Helen (Elastigirl) e os seus tres fillos Jack-Jack, Violet, e Dash.

Furioso co seu traballo e co xefe, golpéao, acción que fai que quede sen emprego. É nese momento cando Bob recibe unha proposta para traballar de superheroe, por parte dunha misteriosa e sedutora muller chamada Mirage. Non dubida en aceptar a súa oferta, pero non imaxina que se trata dunha trampa preparada polo malvado Syndrome (Síndrome), un antigo ex-admirador de Mr. Incredible, que quixo ser o seu axudante, só véndose rexeitado por el, e despois diso, está en busca de vinganza. Por fortuna a súa familia acode na súa axuda e xuntos tratarán de impedir que Syndrome faga realidade o seu malvado plan.

Premios

editar

The Incredibles gañou os premios Oscar da academia de cine norteamericana ó mellor filme de animación e mellor edición de son do ano 2004.

Ademais, recibiu excelentes críticas e foi galardoada noutros moitos certames recibindo multitude de premios premios e nomeamentos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar