Juan Carlos Fresnadillo

director de cinema español

Juan Carlos Fresnadillo, nado en Santa Cruz de Tenerife o 5 de decembro de 1967, é un guionista e director de cine canario.

Modelo:BiografíaJuan Carlos Fresnadillo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor en Wikidata -
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0294379 Allocine: 32669 Allmovie: p302200 BNE: XX1133054 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formación

editar

En 1985, Fresnadillo trasladouse a Madrid dende a súa cidade natal. Estudou Socioloxía na Universidade Complutense. Comezou os estudos de fotografía e cine na Escola Superior de Artes e Espectáculos TAI, e realizou os seus primeiros traballos en curtametraxes.

Carreira profesional

editar

En 1987, creou unha produtora para unha serie de curtas e anuncios publicitarios. En 1990, colaborou con Gustavo Fuertes na súa curta El Juicio Final. En 1996, debutou internacionalmente como director coa súa curta en branco e negro, Esposados, para o que tamén fixo de produtor executivo. A obra foi candidata ó Premio Oscar en Hollywood, e Intacto (2001), filme co que acadou o Premio Goya ao mellor director novel. En 2002 realizou, xunto con Alejandro Jodorowsky, a curtametraxe Psicotaxi. En 2007 dirixiu o filme 28 Weeks Later, continuación de 28 Days Later de Danny Boyle. Posteriormente, en 2011, estreou Intruders, protagonizada por Clive Owen. Durante varios anos estivo vinculado a proxectos que finalmente non chegaron a concretarse, como a adaptación ao cinema do videoxogo BioShock ou non participou neles, como remake de The Crow. Tamén traballou para DreamWorks no desenvolvemento do proxecto Wednesday, que non chegou a estrearse.

En 2022 volveu á dirección cun dos episodios da serie de antoloxía de Guillermo del Toro Cabinet of Curiosities para Netflix.

En 2024 dirixiu Damsel, unha fantasía épica protagonizada por Millie Bobby Brown, Robin Wright e Angela Bassett. A película foi un éxito mundial en Netflix, converténdose nun dos filmes en inglés máis vistos da historia da plataforma, con máis de 137 millóns de reproducións nos primeiros tres meses, entrando no Top 10 de películas en inglés máis vistas de todos os tempos nesa plataforma de streaming.[1]

Filmografía

editar

Como director e guionista

editar

Como director

editar

Como produtor

editar
  • El juicio final (1991)
  • Esposados (1996)

Proxectos non realizados

editar
  • Wednesday (thriller para DreamWorks, proxecto cancelado)
  • BioShock (adaptación do videoxogo, proxecto cancelado)
  • Remake de The Crow (dirixida finalmente en 2011 por Bharat Nalluri)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar