Mack Sennett
Mikall (ou Michael) Sinnott, nado en Danville (Quebec) o 17 de xaneiro de 1880 e finado en Woodland Hills (California) o 5 de novembro de 1960 foi un actor e director de cinema estadounidense, innovador do cinema mudo, coñecido como Mack Sennett.
Mack Sennett | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||
Nome completo | Mikall (Michael) Sinnott | ||||||
Nacemento | 17 de xaneiro de 1880 | ||||||
Lugar | Danville, Quebec | ||||||
Falecemento | 5 de novembro de 1960 | ||||||
Lugar | Woodland Hills, California | ||||||
Soterrado | Holy Cross Cemetery | ||||||
Nacionalidade | ![]() ![]() | ||||||
Profesión | Director, actor | ||||||
| |||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||
TraxectoriaEditar
Nado no Canadá, marchou a vivir coa súa familia a Connecticut e Massachusetts cando tiña dezasete anos. Alí foi onde comezou a idea de chegar a ser un cantante de ópera despois de ver un espectáculo de vodevil. En Nova York converteuse en actor, cantante, bailarín, pallaso, decorador e director para a American Mutoscope and Biograph Company.
En 1912 fundou os Keystone Studios, onde comezaron a súas carreiras actores como Marie Dressler, Mabel Normand, Charles Chaplin, Roscoe Arbuckle, Harold Lloyd, Gloria Swanson, Bing Crosby e W.C. Fields.
As comedias do xénero slapstick de Sennett destacaron polas súas salvaxes carreiras de coches e as batallas de tortas. A partir de 1915 incluía tamén un grupo de rapazas, coñecido como Sennett Bathing Beauties que aparecían en traxe de baño en curtametraxes e material promocional.
Sennett pasou con éxito ao cinema sonoro, sendo o primeiro en distribuír unha curta falada, en 1928. Tamén experimentou ocasionalmente coa cor.
O estudio de Sennett non sobreviviu á Gran Depresión e caeu na bancarrota en 1933. Retirouse aos 55 anos.
FilmografíaEditar
Durante os seus vinte e cinco anos de carreira participou en máis de 1000 filmes sonoros e varias ducias de filmes falados.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mack Sennett |
BibliografíaEditar
- Lahue, Kalton (1971). Barnes, ed. Mack Sennett's Keystone: The man, the myth and the comedies. Nova York. ISBN 978-0-498-07461-5.
Ligazóns externasEditar
- Mack Sennett na IMDb (en inglés).
- Mack Sennett en Virtual History