Marie Dressler, nada en Cobourg, Ontario o 9 de novembro de 1868 e finada en Santa Barbara, California o 28 de xullo de 1934 foi unha actriz de cinema e teatro canadense-estadounidense.

Modelo:BiografíaMarie Dressler

(1930) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Leila Marie Koerber Editar o valor en Wikidata
9 de novembro de 1868 Editar o valor en Wikidata
Cobourg, Canadá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xullo de 1934 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Santa Bárbara, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema, guionista, actriz de teatro, produtora, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1886 Editar o valor en Wikidata - 1934 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEstúdios Keystone (pt) Traducir
Metro-Goldwyn-Mayer Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Familia
FillosMarie Dressler Editar o valor en Wikidata
PaiAlexander Rudolph Koerber Editar o valor en Wikidata
IrmánsBonita Louise Koerber Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0237597 Allocine: 7772 Allmovie: p20133 TCM: 53145 TV.com: people/marie-dressler IBDB: 7532
BNE: XX1760398 Musicbrainz: 8c2ac0ac-c7e5-4f43-95e2-8d2c9c461ffa Discogs: 1379670 WikiTree: Koerber-39 Find a Grave: 300 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu no Canadá, filla de Alexander Rudolph Koerber, austríaco que fora oficial na Guerra de Crimea e Anna Henderson. Ambos os dous pais eran músicos. Aos catorce anos marchou da casa para traballar como actriz e corista. Debutou en Broadway en 1892, chegando a converterse anos despois nunha estrela de vodevil. En 1902 coñeceu a Mack Sennet, ao que axudaría a conseguir traballo no teatro.

Durante a primeira guerra mundial fixo xiras polos Estados Unidos vendendo bonos de guerra.

O seu primeiro papel importante no cinema chegou en 1914 en Tillie's Punctured Romance, dirixido por Sennett e protagonizado por Charles Chaplin. O filme foi un éxito de público, polo que durante os seguintes anos seguiría facendo comedias. Na folga de actores de 1919 en Nova York a Chorus Equity Association elixiuna como primeira presidenta. A súa belixerancia fíxolle difícil obter traballo durante os anos vinte.

En 1927, a guionista Frances Marion, da Metro-Goldwyn-Mayer, usou a súa influencia para que a contratasen. Un dos primeiros filmes na MGM foi The Callahans and the Murphys. O filme inicialmente foi un éxito, pero as protestas dos irlandeses pola imaxe que daba deles fixo que o filme fose cortado e posiblemente destruído. Finalmente cos seus seguintes filmes recuperaría a sona.

Gañou o Oscar á mellor actriz pola súa interpretación en Min and Bill, con Wallace Beery. Seguiu traballando ata que lle diagnosticaron un cancro terminal, causa do seu pasamento en 1934.

Filmografía

editar
Ano Filme
1909 Marie Dressler
1910 Actors' Fund Field Day
1914 Tillie's Punctured Romance
1915 Tillie's Tomato Surprise
1917 Fired
1917 The Scrub Lady
1917 Tillie Wakes Up
1918 The Red Cross Nurse
1918 The Agonies of Agnes
1927 Breakfast at Sunrise
1927 The Joy Girl
1927 The Callahans and the Murphys
1928 Patsy
1928 Bringing Up Father
1929 Voice of Hollywood
1929 The Vagabond Lover
1929 Dangerous Females
1929 Hollywood Revue of 1929
1929 The Divine Lady
1930 The Voice of Hollywood No. 14
1930 Screen Snapshots Series 9, No. 14
1930 The March of Time
1930 Anna Christie
1930 Derelict
1930 Let Us Be Gay
1930 Caught Short
1930 One Romantic Night
1930 The Girl Said No
1930 Chasing Rainbows
1930 Min and Bill
1931 Jackie Cooper's Birthday Party
1931 Politics
1931 Reducing
1932 Prosperity
1932 Emma
1933 Going Hollywood
1933 Cea ás oito
1933 Tugboat Annie
1933 Christopher Bean

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Kennedy, Matthew (2006). McFarland, ed. Marie Dressler: A Biography, With a Listing of Major Stage Performances, a Filmography And a Discography. ISBN 0-7864-0520-1. 
  • Lee, Betty (1997). University of Kentucky Press, ed. Marie Dressler: The Unlikeliest Star. ISBN 0-8131-2036-5. 
  • Silverman, Steven M. (1999). Harry N. Abrams, Inc., ed. Funny Ladies. ISBN 0-8109-3337-3. 
  • Sturtevant, Victoria (2009). University of Illinois Press, ed. A Great Big Girl Like Me: The Films of Marie Dressler. Urbana, Illinois. ISBN 978-0-252-07622-0. 

Ligazóns externas

editar