10ª edición dos Óscar
A 10.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 11 de marzo de 1938 no Biltmore Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos). Inicialmente estaba prevista que se levase a cabo o 3 de marzo, mais foi posposta por mor das inundacións dos Ánxeles.[1][2] O mestre de cerimonias foi Bob Burns..[3]
PremiosEditar
Spencer Tracy, mellor actor
Luise Rainer, mellor actriz
Joseph Schildkraut, mellor actor secundario
Alice Brady, mellor actriz secundaria
Karl Freund, mellor fotografía
Mack Sennett, Óscar honorífico
Darryl F. Zanuck, premio Irving G. Thalberg
Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[3]
Óscars honoríficosEditar
- Mack Sennett: "polas súas contribucións ás técnicas cómicas na pantalla, cuxos principios básicos son tan importantes hoxe como cando se puxeron en práctica por primeira vez, a Academia presenta un premio especial a este mestre da diversión, descubridor de estrelas, simpático, amable e comprensivo xenio da comedia, Mack Sennett".
- Edgar Bergen: "pola súa exceptcional creación cómica, Charlie McCarthy".
- Museum of Modern Art Film Library "polo seu importante traballo na colección de filmes dende 1895 ata o presente e por facer dispoñible ao público os medios de estudo do desenvolvemento histórico e estético dos filmes coma unha das grandes artes".
- W. Howard Greene "pola fotografía en cor de Naceu unha estrela".
Premio Irving G. ThalbergEditar
DistinciónsEditar
The Life of Emile Zola foi o primeiro filme que recibiu dez candidaturas.
Luise Rainer foi a primeira persoa que conseguiu dous premios de interpretación consecutivos.
A candidatura á mellor dirección de danza de A Day at the Races foi a única que recibiu un filme dos irmáns Marx.
NotasEditar
- ↑ "Hollywood writers strike clouds Oscars". Reuters. 2008-01-23. Consultado o 2020-02-07.
- ↑ "1937 Academy Awards® Winners and History". filmsite.org. Consultado o 2020-02-07.
- ↑ 3,0 3,1 "The 10th Academy Awards (1938) Nominees and Winners". Oscars.org (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2011. Consultado o 2011-08-09.
Predecesor: 9ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 10ª edición dos Óscar |
Sucesor: 11ª edición dos Óscar |