Naceu unha estrela

filme de 1937 dirixido por William A. Wellman

Naceu unha estrela (en inglés: A Star Is Born) é un filme estadounidense en Technicolor de 1937 producido por David O. Selznick, dirixido por William A. Wellman a partir dun guión do propio Wellman, Robert Carson, Dorothy Parker e Alan Campbell, e protagonizado por Janet Gaynor (no seu único filme en Technicolor) como unha aspirante a actriz de Hollywood e Fredric March (no seu primeiro filme en cor) como unha estrela do cinema decadente que axuda a lanzar a súa carreira.

Naceu unha estrela
A Star Is Born (1937 film poster).jpg
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalA Star Is Born
DirectorWilliam A. Wellman
ProdutorDavid O. Selznick
GuiónWilliam A. Wellman
Robert Carson
Dorothy Parker
Alan Campbell
IntérpretesJanet Gaynor
Fredric March
MúsicaMax Steiner
FotografíaW. Howard Greene
MontaxeJames E. Newcom
Anson Stevenson
EstudioSelznick International Pictures
DistribuidoraUnited Artists
Estrea20 de abril de 1937[1]
Duración111 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento1,2 millóns de dólares[2]
Recadaciónmáis de $2 millóns de dólares[2]

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 13 de marzo de 1992.[3]

ArgumentoEditar

Esther Blodgett (Janet Gaynor), unha moza que aspira a converterse en actriz, viaxa a Hollywood, onde atopa traballo como camareira e coñece o famoso actor Norman Maine, en decadencia (Fredric March) por culpa da súa adicción ao alcol. Blodget e Maine inician unha relación. El é consciente do enorme talento dela e empéñase en convertela nunha nova estrela da canción, introducíndoa no mundo dos musicais cinematográficos. Ambos casan, e segundo ela ascende na súa carreira el pouco a pouco vai autodestruíndose.

ElencoEditar

ProduciónEditar

Naceu unha estrela rodouse entre outubro de decembro de 1936 cun orzamento estimado de 1 173 639 dólares,[4] e estreouse nos Teatro Chinés de Grauman dos Ánxeles o 20 de abril de 1937.[5][6] A estrea en Nova York tivo lugar dous días máis tarde no Radio City Music Hall.[7]

Non se sabe canto contribuíu Dorothy Parker ao guión final. Cando viu o filme por primeira vez, Parker estaba orgullosa da súa contribución e presumiu tanto do guión como do filme, mais posteriormente pensou que non contribuíra en nada de importancia.[8]

Adaptacións e remakesEditar

O filme foi adaptado como obra teatral radiofónica o 13 de setembro de 1937, nun episodio de Lux Radio Theater con Robert Montgomery e Janet Gaynor, o 17 de novembro de 1940 nun episodio de The Screen Guild Theater con Loretta Young e Burgess Meredith, o 28 de decembro de1942 nun episodio de Lux Radio Theater con Judy Garland e Walter Pidgeon, o 29 de xuño de 1946 nun episodio de Academy Award Theater protagonizado por Fredric March,[9] o 23 de maio de 1948 nun episodio de Ford Theatre e o 16 de xuño de 1950 en Screen Director's Playhouse de novo con Fredric March.

Naceu unha estrela foi versionado catro veces:

Os catro filmes xuntos recibiron 25 candidaturas aos premios Óscar, aínda que gañaron só tres, mellor argumento en 1937 e mellor canción en 1976 e 2018, ademais dun premio honorífico en 1937 pola fotografía en cor.[10][11]

Foi versionado tamén, aínda que de forma non oficial, en hindi como Abhimaan (1973) e Aashiqui 2 (2013), en támil como Nenjamellam Neeye (1983), en telugu como Nee Jathaga Nenundali (2014) e en nepalés como Ma Yesto Geet Gauchu 2 (2020), que é unha secuela de Ma Yesto Geet Gauchu (2017).[12]

Propiedade e copyrightEditar

Selznick International Pictures disolveuse deixando os dereitos sobre o filme ao financeiro John Hay Whitney. Whitney vendeunos Film Classics, Inc. en 1943. Co declive das reposicións, Film Classics vendeu o filme ao produtor Edward L. Alperson coa intención de facer unha nova versión. En lugar diso, Alperson vendeu os dereitos sobre o filme incluídos o filme, o argumento, o guión e a banda sonora a Warner Bros. en 1953.[13] Warner en 1954 realizou o primeiro remake.[14] En 1965, o filme entrou na lista de dominio público nos Estados Unidos porque Warner non renovou o rexistro do copyright no 28.º ano despois da publicación.[15][16] Os elementos orixinais en 35mm da copia mestra permanecen en Warner Bros. Os dereitos sobre o argumento, o guión e a banda sonora tamén os retén Warner Bros., polo que aínda ten dereitos exclusivos sobre os tres remakes e calquera futura nova versión.[14]

NotasEditar

  1. Hanson, Patricia King, ed. (1993). The American Film Institute Catalog of Motion Pictures Produced in the United States: Feature Films, 1931-1940. Berkeley e Os Ánxeles: University of California Press. pp. 2368–2369. ISBN 0-520-07908-6. 
  2. 2,0 2,1 Thomson, David (1993). Showman: The Life of David O. Selznick. Abacus. p. 245. ISBN 978-0-349-10523-9. 
  3. Televisión
  4. Brown, Gene (1995). Movie Time: A Chronology of Hollywood and the Movie Industry from its Beginnings to the Present. Nova York: MacMillan. p. 135. ISBN 0-02-860429-6. 
  5. "1937". GraumansChinese.org. Consultado o 6 de setembro de 2015. 
  6. "'Courageous' Set For Two-A-Day on Coast". Variety (Nova York: Variety, Inc.): 21. 7 de abril de 1937. 
  7. "The Broadway Parade". Film Daily (Nova York: Wid's Films and Film Folk, Inc.): 2. 19 de abril de 1937. 
  8. Meade, Marion (1989). Dorothy Parker: What Fresh Hell Is This?. Penguin Publishing Group. p. 259. ISBN 978-1-101-46219-5. 
  9. "Those Were The Days". Nostalgia Digest 41 (3): 32–39. verán de 2015. 
  10. "Here's how all 3 versions of ‘A Star Is Born’ did at the Oscars". Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  11. Hughes, Hilary (22 de xaneiro de 2019). "Lady Gaga Nominated For Best Actress and Best Song Oscars at the 2019 Academy Awards". Billboard. 
  12. Ramnath, Nandini (12 de outubro de 2018). "‘A Star Is Born’ film review: Bradley Cooper and Lady Gaga set the screen on fire". Scroll.in. Consultado o 3 de febreiro de 2019. 
  13. Jackson, Matthew (6 de marzo de 2017). "11 Classic Films in the Public Domain". Mental Floss (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  14. 14,0 14,1 Hayes, David (ed.). "Classic Film Museum, Inc. vs Warner Bros. Inc.". Citations and Case Summaries. copyrightdata.com. Consultado o 24 de maio de 2012. 
  15. Fishman, Stephen (2014). The Public Domain: How to Find & Use Copyright-Free Writings, Music, Art & More. Nolo. p. 176. ISBN 978-1-4133-2028-2. 
  16. Pierce, David (xuño de 2007). "Forgotten Faces: Why Some of Our Cinema Heritage Is Part of the Public Domain". Film History: An International Journal 19 (2): 125–43. ISSN 0892-2160. JSTOR 25165419. OCLC 15122313. doi:10.2979/FIL.2007.19.2.125. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar