Abrir o menú principal
Título dunha curtametraxe animada do Pato Donald de Walt Disney co rótulo "en Technicolor". Moitas curtametraxes de animación estadounidenses das décadas de 1930 e 1940 producíronse en Technicolor.

Technicolor é un proceso de cinema en cor inventado en 1916 e despois mellorado ao longo de varias décadas. Trátase do segundo proceso principal deste tipo, tras o británico Kinemacolor, e o máis empregado en Hollywood entre 1922 e 1952. Technicolor foi coñecido e recoñecido polo seu nivel saturado de cor, e empregouse para rodar musicais como O mago de Oz (1939) e Singin' in the Rain (1952), filmes de época como As aventuras de Robin Hood (1938) e Foise co vento (1939), ou de animación como Snow White and the Seven Dwarfs (1937) ou Fantasia (1940). Con todo, tamén se empregou para comedias e dramas menos espectaculares, e mesmo no cinema negro, como en Que o ceo a xulgue (1945) ou Niagara (1953).

"Technicolor" é a marca rexistrada dunha serie de procesos de cinema en cor desenvolvidos por Technicolor Motion Picture Corporation (subsidiaria de Technicolor, Inc), actualmente parte da empresa Technicolor, antiga Thomson. Technicolor Motion Picture Corporation fundouse en Boston en 1914, e os seus fundadores foron Herbert Kalmus, Daniel Frost Comstock e W. Burton Wescott.[1] A partícula "Tech" do nome inspirouse no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde Kalmus e Comstock se graduaron e foron logo profesores.[2] Technicolor, Inc constituíuse en Delaware en 1921.[3][4]

Technicolor na actualidadeEditar

A compañía Technicolor foi unha firma de proceso de cinema de grande éxito, e despois traballaron na duplicación de son e vídeo en VHS, CD e DVD, e en procesos de vídeo dixital. MacAndrews & Forber adquiriron Technicolor en 1982 por cen millóns de dólares[5] e en 1988 vendérona á compañía británica Carlton Communications PLC por 780 millóns de dólares.[6] Technicolor Inc adquiriu a compañía de procesamento de película Consolidated Film Industries en 2000.[7] Dende 2001, Technicolor formou parte do conglomerado de electrónica e medios con base en Francia coñecido como Thomson.[8] O 1 de febreiro de 2010, o grupo Thomson renomeouse como "Technicolor", adquirindo para toda a compañía o nome da súa subsidiaria tecnolóxica estadounidense.[9]

A estética visual da transferencia de tinta de Technicolor segue a empregarse en Hollywood. Partes de The Aviator, biopic de Howard Hughes, manipuláronse dixitalmente para imitar os procesos de cor dispoñibles durante os períodos en que tiña lugar cada escena. O aspecto de dúas cores do filme cítase incorrectamente como de aparencia do sistema de Technicolor de dúas cores, cando en realidade é un facsimile do propio sistema de cor de Hughes, Multicolor.

NotasEditar

  1. "What? Color in the Movies Again?" Fortune, outubro de 1934.
  2. "Technicolor History 1". www.widescreenmuseum.com (en inglés). Consultado o 2 de abril de 2019. 
  3. "$1,000,000 Company Will Color Movies", The New York Times, 21-9-1922, p. 1.
  4. "Technicol.-Prizma Controversy", The Wall Street Journal, Dec. 7, 1922, p. 12.
  5. MACANDREWS & FORBES GROUP INC reports earnings for Qtr to Sept 30
  6. FundingUniverse.com: Carlton Communications PLC
  7. "Technicolor Develops the Even Bigger Picture". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  8. "Definitive agreement reached with Carlton Communications for the acquisition of Technicolor by Thomson Multimedia". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  9. Cohen, David S. (26 de xaneiro de 2010). "Technicolor reinventing itself". Variety. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Fred E. Basten, Glorious Technicolor: The Movies' Magic Rainbow. Easton Studio Press, 2005. ISBN 0-9647065-0-4
  • Adrian Cornwell-Clyne, Colour Cinematography. London Champman & Hall, 1951.
  • Layton, James – Pierce, David: The Dawn of Technicolor, 1915–1935. George Eastman House, Rochester (N.Y.), 2015. ISBN 978-0-93539-828-1
  • Richard W. Haines, Technicolor Movies: The History of Dye Transfer Printing. McFarland & Company, 2003. ISBN 0-7864-1809-5
  • John Waner, Hollywood's Conversion of All Production to Color. Tobey Publishing, 2000.
  • Herbert T. Kalmus with Elenaore King Kalmus, Mr. Technicolor: The Fascinating Story of the Genius Who Invented Technicolor and Forever Changed the History of Cinema. MagicImage Filmbooks, 1993. ISBN 1-882127-31-5

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar