The Aviator
The Aviator é un filme que dramatiza a biografía de Howard Hughes, pioneiro da aviación. Narra a súa vida desde a década de 1920 ata a década de 1940, época en que Hughes dirixía e producía as súas propias películas en Hollywood e tamén pilotaba os seus propios prototipos aéreos.
The Aviator | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Aviator |
Director | Martin Scorsese |
Produtor | Michael Mann Sandy Climan Graham King Charles Evans, Jr. |
Guión | John Logan |
Intérpretes | Leonardo DiCaprio Cate Blanchett Alan Alda Alec Baldwin Kate Beckinsale John C. Reilly Jude Law |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Robert Richardson |
Montaxe | Thelma Schoonmaker |
Distribuidora | Miramax Films Warner Bros. Pictures |
Estrea | 2004 |
Duración | 169 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Biográfico |
Orzamento | $110.000.000[1] |
Recadación | $213.741.459 |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/the-aviator | |
Sinopse
editarHughes é fillo dun inventor texano, que lle herdou a Hughes Tool Company, produtora da broca cónica dual para a escavación de pozos petrolíferos. Regresando da universidade, residiu nos Ánxeles para ser produtor de cine, lanzando actores á fama, como Jean Harlow, protagonizando o filme Os anxos do inferno. Moito tempo despois, dedicouse á industria electrónica e principalmente á aérea, a súa compañía aérea creou o lendario avión H-4 Hércules e ademais a TWA.
Con todo, a narración do filme enfoca á deterioración mental e o consecuente comportamento obsesivo-compulsivo (TOC) de Howard Hughes.
O filme detalla os romances de Hughes coas ex-actrices de Hollywood, Ava Gardner e Katharine Hepburn. Os seus conflitos co director xeral de Pan Am, Juan Trippe, quen subornou ó senador Owen Brewster para outorgarlle a Pan Am o monopolio coercitivo dos voos internacionais.
Personaxes
editar- Leonardo DiCaprio como Howard Hughes
- Cate Blanchett como Katharine Hepburn
- Kevin O'Rourke como Spencer Tracy
- John C. Reilly como Noah Dietrich
- Kate Beckinsale como Ava Gardner
- Alec Baldwin como Juan Trippe
- Alan Alda como Senador Owen Brewster
- Ian Holm como Profesor Fitz
- Danny Huston como Jack Frye
- Gwen Stefani como Jean Harlow
- Jude Law como Errol Flynn
- Adam Scott como Johnny Meyer
- Matt Ross como Glen "Odie" Odekirk
- Kelli Garner como Faith Domergue
- Frances Conroy como Katharine Houghton
- Brent Spiner como Robert E. Gross
- Stanley DeSantis como Louis B. Mayer
- Edward Herrmann como Joseph Breen
- Willem Dafoe como Roland Sweet
- J.C. MacKenzie como Ludlow Ogden Smith
- Josie Maran como Muller dos cigarros
- Jane Lynch como Amelia Earhart
Premios
editarÓscar 2004
editarCategoría | Acode | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Candidata | |
Mellor director | Martin Scorsese | Candidato |
Mellor actriz secundaria | Cate Blanchett | Gañadora |
Mellor actor | Leonardo DiCaprio | Candidato |
Mellor actor secundario | Alan Alda | Candidato |
Mellor guión orixinal | John Logan | Candidato |
Mellor fotografía | Robert Richardson | Gañador |
Mellor montaxe | Thelma Schoonmaker | Gañadora |
Mellor son | Tom Fleischman, Petur Hliddal | Candidatos |
Mellor deseño de vestiario | Sandy Powell | Gañador |
Mellor dirección artística | Dante Ferretti | Gañador |
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio oficial de The Aviayor (en inglés)
- Pagína High Life de Robert Richardson. (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)