Thelma Schoonmaker

Thelma Colbert Schoonmaker, nada en Alxer o 3 de xaneiro de 1940, é unha montadora estadounidense, gañadora de tres premios Óscar.

Infotaula de personaThelma Schoonmaker

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Alxer Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
Universidade Cornell
Universidade de Nova York Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmontador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMichael Powell (1984–1990) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0774817 Allocine: 41345 Allmovie: p110346
Musicbrainz: b2021f60-d39d-477d-ade5-a25cfa8cfe18 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Schoonmaker naceu en Alxeria, filla de pais estadounidenses, Thelma e Bertram Schoonmaker.[1] Bertram, descendente da familia Schoonmaker de Nova York, estaba empregado como axente pola Standard Oil Company e traballou continuamente no estranxeiro.[2] Creceu en varios países, como na illa de Aruba.[2][3]

Schoonmaker non viviu nos Estados Unidos ata a adolescencia en 1955, e inicialmente estaba asombrada pola cultura do país.[2] Schoonmaker estaba interesada en ter unha carreira na diplomacia internacional e comezou a asistir á Universidade Cornell en 1957, onde estudo ciencias políticas e ruso. Cando se graduou de Cornell en 1961, comezou a participar en probas para o Departamento de Estado para adquirir un posto no goberno estadounidense.[2][4] Con inclinacións políticas, mostrou repulsión pola política surafricana do apartheid, o que non sentou ben nas probas para a administración.[2] Como reacción a esta experiencia, comezou a tomar clases de arte primitiva.[5]

Respondeu posteriormente a un anuncio clasificado para traballar como editora de cinema.[6][7] Realizou un curso de verán de seis semanas no programa de cinema na Universidade de Nova York, onde coñeceu a Scorsese e axudouno a montar a súa primeira longametraxe, Who's That Knocking at My Door.[8] Schoonmaker traballou co director Martin Scorsese durante máis de cincuenta anos e montou gran parte dos seus filmes.

Ao longo da súa carreria recibiu seis candidaturas aos premios Óscar, e gañou en tres ocasións, polas montaxes de Raging Bull, The Aviator e Infiltrados.

Vida privada editar

 
Thelma Schoonmaker e Columba Powell no Festival de Cannes (2009). Columba Powell é fillo de Michael Powell

Schoonmaker foi presentada a Michael Powell por Scorsese e o produtor cinematográfico Frixos Constantine.[9] A parella estivo casada dende o 19 de maio de 1984 ata a morte de Powell en 1990. Non tiveron fillos.[5]

Dende a morte de Powell, Schoonmaker dedicouse á conservación dos filmes do seu marido, que dirixiu moitos clásicos, incluído The Red Shoes.[4][10][11]

Filmografía editar

Premios editar

Con sete candidaturas aos premios Óscar, Schoonmaker é a segunda montadora máis nomeada na historia dos premios da Academia, despois de Michael Kahn, que obtivo oito candidaturas. Empatada con Kahn, Daniel Mandell e Ralph Dawson, tamén ten o récord de máis vitorias na categoría de mellor montaxe con tres premios.

En 2012, a Motion Picture Editors Guild publicou unha listaxe cos 75 filmes mellor editados de todos os tempos baseado nunha enquisa entre os seus membros. Tres filmes montados por Schoonmaker con Scorsese están na listaxe: Touro salvaxe (1980), no primeiro posto, Un dos nosos (1990), no número quince, e Hugo (2011), no sesenta e nove. Só George Tomasini, montador dos filmes de Alfred Hitchcock na década de 1950, ten máis aparicións na listaxe.[12]

Notas editar

  1. "The Thelma & Bertram Schoonmaker Story" (PDF). Lago-colony.com. p. 563. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Marlow, Jonathan (6 de outubro de 2006). "Thelma Schoonmaker: A Personal Journey with Scorsese and Powell". GreenCine.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  3. 4,0 4,1 Daniel Aloi, "Thelma Schoonmaker '61 to talk movies Nov. 19 at Cornell", cornell.edu; consultado o 26 de febreiro de 2018.
  4. 5,0 5,1 Chris Tilly, "Thelma Schoonmaker Q&A" Arquivado 07 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine., TimeOut.com, 26 de setembro de 2005.
  5. Thelma Schoonmaker Profile, Turner Classic Movies Film Article; consultado o 5 de febreiro de 2013.
  6. "Hollywood Outstanding Achievement in Editing Award Honoree – THELMA SCHOONMAKER". Hollywood Film Festival. agosto de 2000. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2006. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  7. "Thelma Schoonmaker '61 to talk movies Nov. 19 at Cornell | Cornell Chronicle". news.cornell.edu. Consultado o 13 de agosto de 2017. 
  8. Robson, Leo (9 de maio de 2014). "Thelma Schoonmaker: the queen of the cutting room". FT Magazine. Consultado o 10 de maio de 2014. 
  9. Nguyen, Lan N. (15 de marzo de 2005). "The Last Temptation of Thelma". iVillage Entertainment. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2006. Consultado o 13 de novembro de 2019. 
  10. "Thelma Schoonmaker: 'His Heart was Like the Sun'". Telegraph.co.uk (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2017. 
  11. "The 75 Best Edited Films". Editors Guild Magazine 1 (3). maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar