Jean Harlow
Harlean Harlow Carpenter, nada en Kansas City (Missouri) o 3 de marzo de 1911 e finada nos Ánxeles o 7 de xuño de 1937, foi unha actriz estadounidense coñecida como Jean Harlow, sex symbol da década de 1930.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Harlean Harlow Carpenter 3 de marzo de 1911 Kansas City, Estados Unidos de América |
Morte | 7 de xuño de 1937 (26 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia renal |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Outros nomes | Jean Harlow |
Educación | Lake Forest Academy (en) The Barstow School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | actriz |
Período de tempo | Século XX |
Período de actividade | 1928 - 1937 |
Partido político | Partido Demócrata |
Familia | |
Cónxuxe | Harold Rosson (1933–1934) Paul Bern (1932–1932) |
Nai | Jean Harlow |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | jeanharlow.com |
|
Traxectoria
editarDe pequena alcumárona "The Baby", nome que levaría toda a súa vida. A súa nai, coa que sempre estivo moi achegada era extremadamente protectora. Cando se divorciou do seu marido quedou coa custodia total da rapaza, que apenas volvería ver o seu pai. En 1923 mudouse coa súa filla a Hollywood coa esperanza de converterse en actriz, pero con 34 anos era demasiado vella para iniciar unha carreira cinematográfica.
Jean foi ao colexio con Douglas Fairbanks, Jr., Joel McCrea e Irene Mayer Selznick, pero cando os cartos diminuíron víronse obrigadas a volver a Kansas City. No colexio Ferry Hall School en Lake Forest, Illinois Harlow coñeceu a Charles "Chuck" McGrew, rico herdeiro de dezanove anos que casou con dezaseis anos e co que marchou a vivir a Beverly Hills. A parella divorciouse en 1929.
A través da súa amiga Rosalie Roy, aspirante a actriz, e coa insistencia da súa nai, Harlow conseguiu o seu primeiro traballo no filme Honor Bound, que a levou a conseguir un contrato de cinco anos con Hal Roach Studios. Porén o contrato rompeuse o ano seguinte.
En 1929 Howard Hughes estaba volvendo rodar algunhas escenas de Hell's Angels para adaptalo ao cinema falado e necesita unha actriz para substituír a Greta Nissen, que tiña un forte acento noruegués. Harlow fixo unha proba e foi contratada. O filme converteu a Harlow nunha estrela internacional, popular entre o público e non tantoentre a crítica.
En 1931 interveu en Platinum Blonde, con Loretta Young, título que se lle puxo o filme Gallagher polos publicistas de Hughes para promover a Harlow. A súa cor de cabelo foi imitada por moitas das súas fans. O contrato con Metro-Goldwyn-Mayer converteuna ademais nunha das actrices mellor pagadas do momento.
Pouco despois, o seu marido foi Paul Bern foi atopado morto dun disparo e inicialmente especulouse con que Harlow o matara. Finalmente o caso arquivouse como suicidio, pero foi un escándalo que continuou co inicio dunha relación entre Harlow e o boxeador Max Baer, que aínda estaba en trámites de divorcio da súa dona, que acusou a Harlow de adulterio. Como o estudio non quería máis escándalos arredor súa, obrigouna a casar co seu amigo Harold Rosson, do que se divorciou oito meses despois.
En 1935 era a actriz máis comercial da MGM e rodou o seu primeiro musical, no que foi dobrado pola cantante Virginia Verrill.
En 1936 viaxou co elenco de Personal Property a Washington, D.C. para celebrar o 55 aniversario do presidente Franklin D. Roosevelt. A viaxe foi esgotadora para Harlow e contraeu a gripe, se ben, recobrouse para acudir á cerimonia dos premios Oscar xunto co seu namorado, William Powell.
En marzo de 1937 debía iniciar a rodaxe de Saratoga, con Clark Gable co que compartira pantalla en varias ocasións. Porén, a produción foi atrasada porque adquiriu septicemia trala extracción dunha moa do xuízo e tivo que ser hospitalizada. En maio, xa na rodaxe comezou a sentirse enferma, mais os seus síntomas non lle pareceron graves ao seu doutor, que lle diagnosticou colecistite e gripe, semellando non coñecer a enfermidade anterior. Durante a filmación dunha escena na que a súa personaxe tiña febre notábase máis enferma do que debía amosar e finalmente díxolle a Gable “síntome fatal. Lévame ao meu camerino”. Con breves períodos de mellora, o 6 de xuño non vía ben e tiña dificultades para respirar, e o médico finalmente deuse de conta de que sufría algo grave.
Ingresárona no Good Samaritan Hospital dos Ánxeles, onde cae en coma. Finou o día seguinte, as 11.37 da mañá aos vinte e seis anos. Os informes dos médicos indicaron que a causa do pasamento foi un edema cerebral e un fallo renal. Foi enterrada no Forest Lawn Memorial Park nunha tumba coa inscrición "Our Baby".
A MGM planeou substituír a Jean Harlow en Saratoga con Jean Arthur ou Virginia Bruce, pero a causa das obxeccións do público acabou o filme con dúas dobres de corpo e unha de voz e reescribindo algunhas escenas. Foi estreado o 23 de xullo de 1937, un mes despois da morte de Harlow e foi un éxito comercial.
Filmografía
editar- 1928 - Moran of the Marines
- 1928 - This Thing Called Love
- 1929 - Close Harmony
- 1929 - The Love Parade
- 1929 - Double Whoopee
- 1929 - Liberty
- 1929 - Bacon Grabbers
- 1929 - The Saturday Night Kid
- 1929 - Hell's Angels
- 1931 - The Secret Six
- 1931 - Iron Man
- 1931 - The Public Enemy
- 1931 - Platinum Blonde
- 1932 - Three Wise Girls
- 1932 - The Beast of the City
- 1932 - Red-Headed Woman
- 1932 - Red Dust
- 1933 - Hold Your Man
- 1933 - Cea ás oito
- 1933 - Bombshell
- 1934 - The Girl from Missouri
- 1935 - China Seas
- 1936 - Wife vs. Secretary
- 1936 - Suzy
- 1936 - Riffraff
- 1936 - Libeled Lady
- 1936 - Personal Property
- 1937 - Saratoga
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean Harlow |
Bibliografía
editar- Viera, Mark A.; Rooney, Darrel (2011). Angel City Press., ed. Harlow in Hollywood: The Blonde Bombshell in the Glamour Capital, 1928–1937.
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial
- Jean Harlow na IMDb (en inglés).
- Virtual History