Alec Baldwin
Alexander Rae "Alec" Baldwin III, nado en Amityville (Nova York) o 3 de abril de 1958, é un actor estadounidense.
Alec Baldwin | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alexander Rae Baldwin III |
Nacemento | 3 de abril de 1958 |
Lugar | Amityville |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Pobo irlandés |
Educado en | Universidade George Washington, New York University Tisch School of the Arts e Lee Strasberg Theatre and Film Institute |
Pai | Alexander Rae Baldwin Jr. |
Nai | Carol M. Baldwin |
Cónxuxe(s) | Kim Basinger e Hilaria Baldwin |
Fillos | Ireland Baldwin |
Profesión | actor de televisión, actor de cinema, actor de xénero, actor de teatro, creador de podcast, blogueiro, actor de dobraxe, actor, director de cinema e produtor de cine |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Baldwin conseguiu o recoñecemento na televisión polo seu traballo na serie Knots Landing, que se emitiu na CBS entre 1984 e 1986, interpretou papeis principais e secundarios en filmes como Beetlejuice (1988), The Hunt for Red October (1990), The Aviator (2004) e The Departed (2006) entre outros. A súa actuación no filme de 2003 The Cooler serviulle para obter unha candidatura aos Oscar. A partir de 2010 protagoniza xunto con Jack Donaghy a comedia de situación da NBC 30 Rock. Gañou dous premios Emmy, tres Globos de Ouro e catro Premios Screen Actors Guild. É irmán dos tamén actores Daniel Baldwin, William Baldwin e Stephen Baldwin
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alec Baldwin |
Ligazóns externasEditar
- Alec Baldwin na IMDb (en inglés).
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |