Fantasia é un filme estadounidense de animación de 1940, producido por Walt Disney e lanzado por Walt Disney Productions. Coa dirección da historia de Joe Grant e Dick Huemer, e a supervisión de produción de Ben Sharpsteen, é o terceiro filme dos clásicos de Disney. Consta de oito segmentos animados acompañados de pezas de música clásica dirixidas por Leopold Stokowski; sete delas foron interpretadas pola Orquestra de Philadelphia. O crítico e compositor Deems Taylor actúa como mestre de cerimonias, e é o encargado de introducir cada segmento con escenas de acción real entre as de animación.

Fantasia
Fotograma do filme.
Ficha técnica
Título orixinalFantasia
DirectorVéxase Créditos
ProdutorWalt Disney
GuiónJoe Grant
Dick Huemer
IntérpretesLeopold Stokowski
Orquestra de Philadelphia
MúsicaVéxase Créditos
FotografíaJames Wong Howe
MontaxeWalt Disney Productions
DistribuidoraWalt Disney Productions
RKO Radio Pictures
Estrea13 de novembro de 1940[1]
Duración126 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Orzamento$2 280 000[3][4]
Recadación$83 300 000[5][6]
Na rede
http://movies.disney.com/fantasia/
IMDB: tt0032455 Filmaffinity: 565874 Allocine: 2154 Rottentomatoes: m/fantasia Mojo: fantasia Allmovie: v16752 TCM: 74544 Metacritic: movie/fantasia TV.com: movies/fantasia Netlix: 60003064 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Todo un clásico de Disney, unha colección de interpretacións animadas de grandes obras de música clásica. No "Aprendiz de meigo" (P. Dukas), Mickey Mouse, discípulo dun meigo, métese nun gran problema debido a que os seus coñecementos de maxia son aínda limitados. "A Consagración da primavera" (Stravinsky) conta a historia da evolución, dende os seres unicelulares ata a extinción dos dinosauros. "A Danza das Horas" (Ponchielli) é un fragmento dun ballet cómico interpretado por elefantes, hipopótamos, crocodilos e avestruces. "Unha noite na Montaña Pelada" de Mussorgsky e o "Ave Maria" de Schubert describen o enfrontamento entre a escuridade e a luz.

Créditos

editar

Banda sonora dirixida por Leopold Stokowski. Interpretadas pola Orquestra de Philadelphia, agás cando está indicado.

Segmento Persoal
Escenas de acción en vivo
Toccata and Fugue in D Minor
Nutcracker Suite
The Sorcerer's Apprentice
The Rite of Spring
Intermission/Meet the Soundtrack
The Pastoral Symphony
Dance of the Hours
Night on Bald Mountain e Ave Maria
  1. "Fantasia". AFI Catalog of Feature Films. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  2. "FANTASIA (U)". British Board of Film Classification. July 21, 1941. Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  3. Goldmark & Taylor 2002, p. 88.
  4. BoxOfficeMojo.com
  5. BoxOfficeMojo (ed.). "Fantasia en BoxOfficeMojo". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  6. the-numbers.com (ed.). "Fantasia en The Numbers". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar