Burgess Meredith

actor estadounidense

Oliver Burgess Meredith, nado en Cleveland (Ohio) o 16 de novembro de 1907 e finado en Malibú (California) o 9 de setembro de 1997,[1] foi un actor, humorista e cantante estadounidense.

Burgess Meredith
Burgess Meredith sitting 1974.jpg
Meredith de 1974
Nome completoOliver Burgess Meredith
Nacemento16 de novembro de 1907
LugarCleveland, Ohio, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento9 de setembro de 1997 (89 anos)
LugarMalibú (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
CausaMelanoma maligno
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enAmherst College, Hoosac School e Cathedral School of St. John the Divine
PaiWilliam George Meredith
NaiIda Beth Meredith
Cónxuxe(s)Helen Derby (1933–35)
Margaret Perry (1936–38)
Paulette Goddard (1944–49)
Kaja Sundsten (1950–97)
ProfesiónActor, humorista e cantante
(1930-1996)
Na rede
IMDB: nm0580565 Allocine: 2999 Rottentomatoes: celebrity/burgess_meredith Allmovie: p102566 TCM: 130096 Metacritic: person/burgess-meredith TV.com: people/burgess-meredith IBDB: 15642
Musicbrainz: 9845489e-f12a-422a-9e53-d5a78ff11247 Songkick: 3209426 Discogs: 552884 WikiTree: Meredith-884 Find a Grave: 6571 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Meredith naceu en Cleveland, fillo de Ida Beth (de solteira, Burgess) e do médico canadense Dr. William George Meredith.[2] Tras graduarse na Hoosac School en 1926 asistiu ao Amherst College. Durante a segunda guerra mundial serviu nas forzas aéreas dos Estados Unidos, acadando o rango de capitán. Deixou o exército en 1944 para traballar no filme The Story of G.I. Joe, onde interpreou o popular correspondente de guerra Ernie Pyle.[3]

A súa carreira teatral comezara en 1929 na compañía de Eva Le Gallienne, en Nova York. En 1935 converteuse nunha estrela ao protagonizar a obra Winterset, de Maxwell Anderson, que foi adaptada ao cinema nun filme que supuxo o seu debut nese medio. No teatro traballou tamén como director.

No cinema traballou durante a década de 1940 e foi un dos actores predilectos de Otto Preminger, que o dirixiu en cinco filmes. Interpretou tamén o papel do Pingüín no filme Batman, baseado na serie de televisión. Tralo éxito de The Day of the Locust (1975), interpretou o adestrador de Rocky Balboa nos tres primeiros filmes da saga (1976, 1979 e 1992).

Meredith interveu tamén en series de televisión coma The Twilight Zone ou O Virxiniano.

Faleceu en 1997 vítima de complicacións do alzhéimer e do melanoma.[4]

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. "Burgess Meredith dies at 89". CNN. 10 de setembro de 1997. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2016. Consultado o 17 de setembro de 2011. 
  2. "Burgess Meredith, 89, Who Was at Ease Playing Good Guys and Villains, Dies". The New York Times. Consultado o 17 de setembro de 2011. 
  3. "The Story of G.I. Joe". Turner Classic Movies. Consultado o 16 de setembro de 2011. 
  4. "Burgess Meredith dies at 89". CNN. 10 de setembro de 1997. Consultado o 30 de agosto de 2015. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar