Abrir o menú principal

Joseph Schildkraut, nado en Viena o 22 de marzo de 1986 e finado en Nova York o 21 de xaneiro de 1964 foi un actor austríaco.

Joseph Schildkraut
Bundesarchiv Bild 102-13226, Josef Schildkraut und Maria Olszewska.jpg
Schildkraut coa cantante de ópera Maria Olszewska (1932)
Nome completoJoseph Schildkraut
Nacemento22 de marzo de 1896
LugarViena, Imperio Austro-Húngaro
Falecemento21 de xaneiro de 1964 (67 anos)
LugarNova York
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoHollywood Forever Cemetery
NacionalidadeAustria Austria
Educado enAmerican Academy of Dramatic Arts
PaiRudolph Schildkraut
Cónxuxe(s)Elise Bartlett (1923–1930)
Marie McKay (1932–1962)
Leonora Rogers (1963–1964)
ProfesiónActor
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Schildkraut era fillo de Erna Weinstein e o actor de teatro (e logo de cinema) Rudolph Schildkraut.[1] A súa familia era xudía.[2] A principios do século XX marchou aos Estados Unidos e apareceu en moitas producións de Broadway.

Na década de 1920 comezou a traballar no cinema, aínda que volveu esporadicamente ao teatro. O seu primeiro éxito foi en Orphans of the Storm, de D. W. Griffith, con Lillian Gish. Gañou o Oscar ao mellor actor secundario en 1937 pola súa interpretación de Alfred Dreyfus en The Life of Emile Zola. Interpretou o papel de Otto Frank na produción orixinal de The Diary of Anne Frank e na súa versión cinematográfica (1959). Traballou tamén na televisión en series como The Twilight Zone ou Sam Benedict.

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. Parker, John (1916). Pittman, ed. Who's Who in the Theatre 3. Consultado o 2014-09-21. 
  2. Jewish Telegraphic Agency, ed. (23 de xaneiro de 1964). "Joseph Schildkraut, Noted American Jewish Actor, Dead; Was 68". Consultado o 21 de setembro de 2014. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Joseph Schildkraut, My Father and I, contada a Leo Lania, Nova York, 1959.

Ligazóns externasEditar