The Twilight Zone (serie de televisión de 1959)

The Twilight Zone (en galego "a zona crepuscular", comercializada como Twilight Zone nas súas últimas dúas temporadas) é unha serie de televisión de estadounidense de episodios creada e presentada por Rod Serling, que estivo durante cinco tempadas na cadea CBS de 1959 a 1964.[1] Cada episodio presenta unha historia independente en que as personaxes se atopan lidando con eventos a miúdo inquietantes ou pouco frecuentes, unha experiencia descrita como entrar na "zona crepuscular", a miúdo cun final sorpresa e unha sentenza. Aínda que predominantemente de ficción científica, eventos paranormais e kafkianos do programa inclinaron o espectáculo cara á fantasía e o terror.

The Twilight Zone
Xénero
  • Terror
  • Misterio
  • Suspense
  • Sobrenatural
  • Fantasía
  • Ficción científica
FormatoSerie antolóxica
Creado porRod Serling
Narrado porRod Serling
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos}
Lingua(s)Inglés
Temporadas5
Episodios156
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Rod Serling
Produtor(es)
Duración25 min
Emisión orixinal
Canle de orixeCBS
Primeiro episodio2 de outubro de 1959
Derradeiro episodio19 de xuño de 1964
Cronoloxía
Seguido porThe Twilight Zone (1985–89)
Na rede
http://www.cbs.com/shows/the_twilight_zone/
IMDB: tt0052520 Filmaffinity: 333734 Allocine: 382 Rottentomatoes: tv/the_twilight_zone Metacritic: tv/the-twilight-zone TV.com: shows/the-twilight-zone Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Serling traballando no guión cun dictáfono, 1959

A serie contou con estrelas consagradas e actores novos que se posteriormente foron recoñecidos. Serling exerceu como produtor executivo e guionista; escribiu ou coescribiu 92 dos 156 episodios do programa e tamén foi o presentador e o narrador do programa, facendo monólogos ao comezo e ao final de cada episodio. As narracións de apertura e peche de Serling normalmente resumen os acontecementos do episodio que engloban e por que as personaxes principais entraron na "zona crepuscular".

En 1997, os episodios "To Serve Man" (dirixido por Richard L. Bare) e "It's a Good Life" (dirixido por James Sheldon)[2] clasificáronse respectivamente no posto 11 e 31 dos 100 mellores episodios de todos os tempos segundo a revista TV Guide.[3] O propio Serling afirmou que os seus episodios favoritos da serie eran "The Invaders" (dirixido por Douglas Heyes) e "Time Enough at Last"[4] (dirixido por John Brahm).[5]

En 2002, The Twilight Zone ocupou o posto número 26 dos 50 mellores programas de televisión de todos os tempos nunha listaxe de TV Guide.[6] En 2004, ocupou o posto 8 no Top Cult Shows Ever de TV Guide,[7] pasando ao posto 9 tres anos despois.[8] En 2013, o Writers Guild of America clasificouna como a terceira serie de televisión mellor escrita[9] e TV Guide clasificouna como a cuarta mellor serie dramática,[10] o segundo mellor programa de ficción científica[11] e o quinto mellor programa de todos os tempos.[12] En 2016, a serie ocupou o posto número 7 na lista dos 100 mellores programas de todos os tempos de Rolling Stone.[13]

Estrutura

editar
 
Bernard Herrmann, compositor da sintonía orixinal

Tralo comezo do tema de apertura,[14] composta por Bernard Herrmann na primeira temporada e por Marius Constant nas outras catro,[15] Rod Serling exercía como narrador dos episodios e, a partir da segunda temporada, aparecía antes da emisión do capítulo para outorgarlle un contexto previo.[16]

Cunha duración de 25 minutos aproximadamente por episodio, a serie caracterízase pola súa natureza de serie antolóxica en que os capítulos son autoconclusivos e raramente se establecían continuidades entre os mesmos. Porén, un selo de identidade que se fixo célebre foi por contar habitualmente cun xiro na trama ao final que desencadea un desenlace sorprendente e inesperado.

Adaptacións

editar

A serie orixinal foi seguida por secuelas que se emitiron ao longo de diferentes décadas e que recibiron acollidasd distintas por parte do público:

En 1983 estreouse en salas comerciais un filme, Twilight Zone: The Movie, integrado por catro historias dirixidas por John Landis, George Miller, Joe Dante e Steven Spielberg (tamén produtor do filme). Tres dos segmentos eran versións novas de episodios da serie orixinal e o cuarto, dirixido por Landis, foi creado especificamente para o filme.[21]

En 1994 estreouse un telefilme titulado Twilight Zone: Rod Serling's Lost Classics, dirixido por Robert Markowitz que adaptaba dúas historias escritas polo creador da serie Rod Serling que non fixeran parte da primeira etapa da serie.[22]

  1. Tallerico, Brian (29 de marzo de 2019). "'The Twilight Zone': Here's Why We Still Care". The New York Times. Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  2. Thompson, David. The Twilight Zone FAQ. 
  3. "Special Collector's Issue: 100 Greatest Episodes of All Time". TV Guide (28 de xuño-4 de xullo). 1997. 
  4. "Rod Serling Revels his Favorite TWILIGHT ZONE Episodes". GeekTyrant. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  5. Thompson, David. The Twilight Zone FAQ. 
  6. "TV Guide Names Top 50 Shows". CBS News. CBS Interactive. 26 de abril de 2002. Arquivado dende o orixinal o 1 de xuño de 2012. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  7. "25 Top Cult Shows Ever!". TV Guide. 30 de maio de 2004. 
  8. "TV Guide Names the Top Cult Shows Ever". TVGuide.com. 29 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  9. "101 Best Written TV Series List". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2020. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  10. Roush, Matt (25 de febreiro de 2013). "Showstoppers: The 60 Greatest Dramas of All Time". TV Guide. pp. 16–17.
  11. "Greatest Sci-Fi Shows". TV Guide Magazine. 16–22 de setembro de 2013. 
  12. Fretts, Bruce; Roush, Matt. "The Greatest Shows on Earth". TV Guide Magazine 61 (3194–3195): 16–19. 
  13. "100 Greatest TV Shows of All Time". 21 de setembro de 2016. 
  14. "THE TWILIGHT ZONE ~ composed and conducted by BERNARD HERRMANN 1959". www.youtube.com. 
  15. Wissner, Reba (2013). A Dimension of Sound: Music in the Twilight Zone (en inglés). Pendragon Press. ISBN 978-1-57647-216-3. Consultado o 1 de abril de 2020. 
  16. Rubin, Steven (1 de novembro de 2017). Twilight Zone Encyclopedia (en inglés). Chicago Review Press. ISBN 978-1-61373-891-7. Consultado o 1 de abril de 2020. 
  17. "The Twilight Zone". Consultado o 1 de abril de 2020. 
  18. "The Twilight Zone". Consultado o 1 de abril de 2020. 
  19. "The Twilight Zone". Consultado o 1 de abril de 2020. 
  20. Morillo, Valentina (10 de maio de 2019). "Así es la ‘The Twilight Zone’ de 2019". Medium (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2020. 
  21. "Twilight Zone: The Movie". Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  22. "Twilight Zone: Rod Serling's Lost Classics". Consultado o 1 de abril de 2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • DeVoe, Bill. (2008). Trivia from The Twilight Zone. Albany, GA: Bear Manor Media. ISBN 978-1-59393-136-0
  • Grams, Martin. (2008). The Twilight Zone: Unlocking the Door to a Television Classic. Churchville, MD: OTR Publishing. ISBN 978-0-9703310-9-0
  • Presnell, Don e Marty McGee. (2008). A Critical History of Television’s The Twilight Zone, 1959–1964. Jefferson, NC: McFarland. ISBN 978-0-7864-3886-0
  • Sander, Gordon F. Serling: The Rise and Twilight of Television's Last Angry Man. Nova York: Penguin Books, 1992.
  • Stanyard, Stewart T. Dimensions Behind The Twilight Zone. ECW Press, 2007.
  • Zicree, Marc Scott. The Twilight Zone Companion. Sillman-James Press, 1982 (second edition).

Ligazóns externas

editar