George Miller
Dr. George Miller, nado en Brisbane o 3 de marzo de 1945 é un director, produtor e guionista australiano, coñecido pola serie de filmes Mad Max.
George Miller | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Miller na rodaxe de Mad Max: Fury Road | |||||||
Nacemento | 3 de marzo de 1945 (78 anos) | ||||||
Lugar | Brisbane, Queensland, ![]() | ||||||
Nacionalidade | Australia | ||||||
Educado en | Universidade de Nova Gales do Sul | ||||||
Cónxuxe(s) | Sandy Gore Margaret Sixel | ||||||
Profesión | Director, produtor, guionista | ||||||
| |||||||
Na rede | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||
TraxectoriaEditar
Miller naceu en Brisbane, fillo dos inmigrantes gregos Dimitri (Jim) Castrisios Miller e Angela Balson. O seu pai modificou o seu apelido orixinal, Miliotis, a Miller cando emigraron.[1] George ten un irmán xemelgo, John, amais doutros dous irmáns, Chris e Bill.
Miller estudou medicina na Universidade de Nova Gales do Sur. No seu último ano, el e o seu irmán Chris rodaron unha curtametraxe dun minuto coa que gañaron un premio estudantil.[2] Mentres realizaba a residencia en Sydney, Miller continuou a realizar filmes experimentais.
O primeiro filme de Miller como director foi Mad Max, salvaxes de autoestrada, financiado independentemente e que se converteu nun éxito internacional, dando lugar a varias secuelas.
A partir de 1987 centrouse máis na produción de proxectos australianos,[3] volvendo á dirección en 1992.
FilmografíaEditar
Ano | Filme | Acreditado como | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Director | Guionista | Produtor | Outro | |||
1979 | Mad Max, salvaxes de autoestrada | Si | Si | |||
1980 | The Chain Reaction | Si | Si | Director dalgunhas secuencias sen acreditar | ||
1981 | Mad Max 2, o guerreiro da estrada | Si | Si | Si | Montador adicional | |
1983 | Twilight Zone: The Movie | Si | Episodio Nightmare at 20,000 Feet | |||
1983 | The Dismissal | Si | Si | Si | Miniserie | |
1984 | The Last Bastion | Si | Miniserie | |||
1984 | Bodyline | Si | Si | |||
1985 | Mad Max alén da cúpula do trono | Si | Si | Si | Codirixido con George Ogilvie | |
1987 | As meigas de Eastwick | Si | ||||
1987 | The Year My Voice Broke | Si | ||||
1989 | Calma total | Si | Si | Director da segunda unidade | ||
1989 | Bangkok Hilton | Si | Miniserie | |||
1991 | Flirting | Si | ||||
1992 | Lorenzo's Oil | Si | Si | Si | ||
1995 | Babe | Si | Si | |||
1996 | Video Fool for Love | Si | ||||
1997 | 40,000 Years of Dreaming | Si | Si | Si | Documental, presentador | |
1998 | Babe: Pig in the City | Si | Si | Si | ||
2006 | Happy Feet | Si | Si | Si | ||
2011 | Happy Feet Two | Si | Si | Si | ||
2015 | Mad Max: Furia na estrada | Si | Si | Si |
NotasEditar
- ↑ "George Miller". Kythera-Family.net. 22 de maio de 2004. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2011.
- ↑ UNSWorld (2007) p. 15
- ↑ Dutka, Elaine (30 de decembro de 1992). "INTERVIEW : The Spark That Gives 'Oil' Its Heat : Movies: Director George Miller follows his passion and gambles on a long-shot--a medical mystery story.". The New York Times. Consultado o 10 de maio 2015.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Miller |
Ligazóns externasEditar
- George Miller na IMDb (en inglés).