Ralph Rexford Bellamy, nado en Chicago (Illinois) o 17 de xuño de 1904 e finado en Santa Monica (California) o 29 de novembro de 1991, foi un actor estadounidense gañador dun Premio Tony e cunha carreira que abrangueu un total de 62 anos. En 1986 recibiu o Óscar Honorífico.

Modelo:BiografíaRalph Bellamy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1904 Editar o valor en Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte29 de novembro de 1991 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Santa Monica (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteInsuficiencia respiratoria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
President of Actors Equity Association (en) Traducir
1952 – 5 de maio de 1964
← Clarence Derwent (pt) TraducirFrederick O’Neal (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, actor de televisión, actor de cinema, actor de teatro, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1928 Editar o valor en Wikidata - 1990 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEthel Smith (1945–1947) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0000897 Allocine: 1565 Allmovie: p5165 126927 IBDB: 14150
BNE: XX1069124 Discogs: 1421068 WikiTree: Bellamy-1012 Find a Grave: 3514 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Inicios

editar

Bellamy naceu en Chicago, Illinois. Os seus pais eran Lilla Louise Smith, nativa do Canadá, e Charles Rexford Bellamy. Comezou a súa carreira interpretativa no teatro, e en 1927 xa posuía unha compañía teatral. En 1931 debutou no cinema, en que traballou de xeito constante durante toda a década, consolidándose como un hábil actor de carácter. Bellamy recibiu finalmente un papel protagonista en 1936, no filme Straight from the Shoulder.

Carreira

editar

Recibiu unha candidatura ao Óscar ao mellor actor secundario polo seu papel en The Awful Truth (1937), protagonizada por Irene Dunne e Cary Grant. Tivo un papel similar, tamén xunto a Grant, en His Girl Friday (1940). Interpretou o detective Ellery Queen en varios títulos na década dos corenta, mais como a súa carreira no cinema non progresaba, volveu ao teatro, onde continuou a traballar nos anos cincuenta. Ben considerado dentro da industria, foi fundador do Sindicato de Actores Estadounidenses e foi o presidente da Actors' Equity Association desde 1952 a 1964.

Bellamy participou habitualmente no programa de televisión To Tell the Truth nos seus inicios. Tamén participou na serie televisiva detectivesca Follow that Man.

En Broadway tivo un dos seus papeis máis coñecidos, o de Franklin Delano Roosevelt en Sunrise at Campobello. Posteriormente traballou na versión cinematográfica de 1960.

No cinema tamén participou en Rosemary's Baby (1968), no papel dun diabólico médico, antes de enfocarse cara á televisión durante os anos setenta.[1] Volveu ao primeiro plano grazas a dúas interpretacións: a da miniserie The Winds of War (1983), na cal novamente fixo o papel de Roosevelt,[1] e pola que conseguiu unha candidatura aos Premios Emmy, e a dun multimillonario na comedia de éxito Trading Places (1983), xunto a Don Ameche e Eddie Murphy.

Anos finais

editar

En 1984, recibiu un Life Achievement Award, concedido polo Sindicato de Actores, e en 1987 recibiu o Óscar Honorífico "pola súa mestría única e o seu servizo distinguido á profesión".

Entre os seus últimos papeis tivo unha aparición nun episodio de L.A. Law. Seguiu a traballar regularmente, e a súa última actuación foi en Pretty Woman (1990).

Vida persoal

editar

Estivo casado en catro ocasións: con Alice Delbridge (1927-1930), Catherine Willard (1931-1945), e coa organista Ethel Smith (1945-1948),[2] matrimonios que acabaron en divorcio; finalmente, en 1949 casou con Alice Murphy,[3] permanecendo unidos ata o falecemento de Bellamy en 1991 en Santa Monica, por mor dunha doenza pulmonar aos 87 anos. Foi enterrado no cemiterio Forest Lawn Memorial Park dos Ánxeles.[4][5]

Bellamy ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood, no 6542 de Hollywood Boulevard.

Filmografía

editar
Ano Título Personaxe Notas
1931 The Secret Six Johnny Franks
1931 The Magnificent Lie Bill Childers
1931 West of Broadway Mac - The Ranch Foreman
1931 Surrender Captain Ebbing
1932 Forbidden Holland
1932 Disorderly Conduct Captain Tom Manning
1932 Young America Judge Blake
1932 The Woman in Room 13 John Bruce
1932 Rebecca of Sunnybrook Farm Dr. Ladd
1932 Almost Married Deene Maxwell
1932 Wild Girl Jack Marbury
1932 Air Mail Mike Miller
1933 Second Hand Wife Carter Cavendish
1933 Parole Girl Joseph B. 'Joe' Smith
1933 Below the Sea McCreary
1933 Destination Unknown Stowaway
1933 Picture Snatcher McLean
1933 The Narrow Corner Eric Whittenson
1933 Flying Devils 'Speed' Hardy
1933 Headline Shooter Hal Caldwell
1933 Blind Adventure Jim Steele
1933 Ace of Aces Captain / Major Blake
1933 Ever in My Heart Jeff
1933 Before Midnight Inspector Steve Trent
1934 Spitfire George Fleetwood
1934 Once to Every Woman Dr. Barclay
1934 This Man Is Mine Jim Dunlap
1934 The Crime of Helen Stanley Inspector Steve Trent
1934 One Is Guilty Inspector Steve Trent
1934 Girl in Danger Inspector Steve Trent
1934 Woman in the Dark John Bradley
1935 Helldorado J.F. Van Avery
1935 Rendezvous at Midnight Commissioner Robert Edmonds
1935 Gigolette Terry Gallagher
1935 The Wedding Night Fredrik Sobieski
1935 Eight Bells Steve Andrews
1935 Air Hawks Barry Eldon
1935 The Healer Dr. Holden
1935 Navy Wife Dr. Quentin Harden
1935 Hands Across the Table Allen Macklyn
1936 Dangerous Intrigue Tony Halliday
1936 Roaming Lady Daniel S. 'Dan' Bailey
1936 The Final Hour John Vickery
1936 Straight from the Shoulder Curt Hayden
1936 The Man Who Lived Twice Dr. James Blake / 'Slick' Rawley
1936 Wild Brian Kent Brian Kent
1936 Counterfeit Lady Johnny Pierce
1937 Let's Get Married Kirk Duncan
1937 It Can't Last Forever Russ Matthews
1937 The Awful Truth Daniel Leeson
1938 The Crime of Dr. Hallet Dr. Paul Hallet
1938 Fools for Scandal Phillip Chester
1938 Boy Meets Girl C. Elliott Friday
1938 Carefree Stephen Arden
1938 Girls' School Michael Hendragin
1938 Trade Winds Ben Blodgett
1939 Smashing the Spy Ring John Baxter
1939 Let Us Live Lieutenant Everett
1939 Blind Alley Dr. Shelby
1939 Coast Guard Tte. Raymond 'Ray' Dower
1940 His Girl Friday Bruce Baldwin
1940 Flight Angels Bill Graves
1940 Brother Orchid Clarence P. Fletcher
1940 Queen of the Mob FBI Agent Scott Langham
1940 Dance, Girl, Dance Steve Adams
1940 Public Deb No. 1 Bruce Fairchild
1940 Meet the Wildcat Tte. Brad Williams
1940 Ellery Queen, Master Detective Ellery Queen
1941 Footsteps in the Dark Dr. Davis
1941 Ellery Queen's Penthouse Mystery Ellery Queen
1941 Affectionately Yours Owen Wright
1941 Dive Bomber Lance Rogers
1941 Ellery Queen and the Perfect Crime Ellery Queen
1941 Ellery Queen and the Murder Ring Ellery Queen
1941 The Wolf Man Colonel Montford
1942 The Ghost of Frankenstein Erik Ernst
1942 Lady in a Jam Stanley Gardner
1942 Men of Texas Major Lamphere
1942 The Great Impersonation Sir Edward Dominey / Baron Leopold von Ragenstein
1943 Stage Door Canteen El mesmo
1944 Guest in the House Douglas Proctor
1945 Delightfully Dangerous Arthur Hale
1945 Lady on a Train Jonathan Waring
1955 The Court-Martial of Billy Mitchell Congressman Frank R. Reid
1960 Sunrise at Campobello Franklin Delano Roosevelt
1961 Rawhide Judge Quince Episodio "Judgment at Hondo Seco"
1961 Checkmate Governor Tom Barker Episodio "Portrait of a Running Man"
1966 Os profesionais Grant
1968 Rosemary's Baby Dr. Abraham Sapirstein
1971 Doctors' Wives Jake Porter
1972 Cancel My Reservation John Ed
1974 The Missiles of October U.N. Ambassador Adlai Stevenson Telefilme
1975 The Log of the Black Pearl
1976 Once an Eagle Ed Caldwell Miniserie
1977 Testimony of Two Men Dr. Jim Spaulding Miniserie
1977 Oh, God! Sam Raven
1978 Wheels Lowell Baxter Miniserie
1980 The Memory of Eva Ryker William E. Ryker
1980 Condominium Lee Messenger Telefilme
1983 Trading Places Randolph Duke
1983 Little House on the Prairie Dr. Marvin Haynes
1984 Terror in the Aisles Imaxes de arquivo
1984 The Winds of War Franklin D. Roosevelt Miniserie
1987 Disorderlies Albert Dennison
1987 Amazon Women on the Moon Mr. Gower Episodio "Titan Man"
1988 War and Remembrance Franklin D. Roosevelt Miniserie
1988 Coming to America Randolph Duke Cameo
1988 The Good Mother Frank - Grandfather
1990 Pretty Woman James Morse
  1. 1,0 1,1 Maltin 1994, p. 63.
  2. "Milestones, Sep. 10, 1945." Arquivado 26 de agosto de 2013 en Wayback Machine. Time, 10 de setembro de 1945. Consultado o 14 de agosto de 2011.
  3. Lamparski 1970.
  4. Flint, Peter B. "Ralph Bellamy, the Actor, Is Dead at 87." The New York Times, 30 de novembro de 1991.
  5. Ralph Bellamy en Find a Grave (en inglés)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar