Abrir o menú principal

Thomas John Mitchell, nado en Elizabeth (Nova Jersey) o 11 de xullo de 1892 e finado en Beverly Hills (California) o 17 de decembro de 1962 foi un actor estadounidense. En 1953 foi a primeira persoa en gañar a “tripla coroa” da interpretación, ao gañar o Oscar, o Emmy e o Tony.

Thomas Mitchell
Thomas Mitchell in High Barbaree trailer.jpg
Thomas Mitchell en High Barbaree (1947).
Nome completoThomas John Mitchell
Nacemento11 de xullo de 1892
LugarElizabeth, Nova Jersey
Falecemento17 de decembro de 1962 (70 anos)
LugarBeverly Hills, California
Causacâncer ósseo
SoterradoChapel of the Pines Crematory
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
ProfesiónActor, director, guionista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Mitchell naceu en New Jersey, nunha familia de emigrantes irlandeses. O seu pai e o seu irmán eran xornalistas. Mitchell tamén traballou de reporteiro tras graduarse do instituto, pero axiña descubriu que gozaba máis escribindo obriñas cómicas que buscando exclusivas.

Iniciou a súa carreira como actor en 1913, facendo unha xira coa compañía shakesperiana de Charles Coburn. O seu primeiro papel acreditado no cinema foi en 1923.

A partir da década de 1930 apareceu en filmes moi recoñecidos, e en 1939 gañou o Oscar ao mellor actor secundario por A dilixencia. Nas décadas de 1950 e 1960 traballou principalmente na televisión.

FilmografíaEditar

Como actorEditar

Como autorEditar

  • Little Accident (1928 – obra teatral)
  • Papa Sans le Savoir (1932 – obra teatral)
  • All of Me (1934; guión)
  • Life Begins with Love (1937; guión)
  • Little Accident (1939 – obra teatral)
  • Casanova Brown (1944)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar