A dilixencia

filme de 1939 dirixido por John Ford

A dilixencia (en inglés: Stagecoach) é un filme estadounidense do xénero western de 1939, dirixido por John Ford e protagonizada por John Wayne no seu papel revelación. O guión, escrito por Dudley Nichols, é unha adaptación de "The Stage to Lordsburg", relato de 1937 de Ernest Haycox. O filme segue un grupo de descoñecidos nunha dilixencia a través do perigoso territorio apache. A dilixencia foi o primeiro dos moitos westerns que Ford rodou en Monument Valley, no suroeste estadounidense no límite entre Arizona e Utah.

A dilixencia
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalStagecoach
DirectorJohn Ford
ProdutorWalter Wanger
GuiónDudley Nichols
Baseado enThe Stage to Lordsburg, de Ernest Haycox (1937)
IntérpretesClaire Trevor
John Wayne
Thomas Mitchell
John Carradine
MúsicaLouis Gruenberg
Richard Hageman
W. Franke Harling
John Leipold
Leo Shuken
FotografíaBert Glennon
MontaxeOtho Lovering
Dorothy Spencer
EstudioWalter Wanger Productions
DistribuidoraUnited Artists
Estrea2 de febreiro de 1939 [1]
Duración96minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento531 374 dólares[2]
Recadación1 103 757 dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0031971 Filmaffinity: 288500 Allocine: 1834 Rottentomatoes: m/1019774-stagecoach Mojo: stagecoach Allmovie: v46399 TCM: 91227 Metacritic: movie/stagecoach TV.com: movies/stagecoach-1939 Netlix: 70135561Editar o valor em Wikidata

O filme foi recoñecido como unha obra importante que transcende o xénero do western. O filósofo Robert B. Pippin observou que a colección de personaxes e a súa viaxe "son arquetipos máis que simplemente individuos" e que o filme é unha "representación mítica das aspiracións estadounidense cara a unha forma de igualdade politicamente sifnificativa".[3] Con todo, A dilixencia tamén é controvertida, xa que, como en moitos westerns da época, a súa descrición dos Nativos Americanos como simples salvaxes foi criticada como proba clara de racismo.[4]

Foi emitido na TVG o 20 de outubro de 2007.[5]

Argumento editar

Nun lugar de Arizona, a "liga polos bos costumes e a decencia" decide expulsar da localidade a Dallas, unha prostituta, e o doutor Josiah Boon, médico borrachón. Ambos son obrigados a subir á dilixencia que ía saír con destino a Lordsburg, Novo México. No vehículo únense Lucy Mallory, muller dun capitán de cabalaría embarazada e que quere reunirse co seu home; Ellsworth Gatewood, un banqueiro que supostamente ten que pechar un negocio (mais que en realidade se apropiou dos cartos do seu bando); Hatfield, antigo soldado confederado que se dedicaba a ser un xogador de vantaxe e pistoleiro, antigo amigo da familia Mallory e que decidiu pórse ao servizo da señora Mallory; e Samuel Peacock, un comerciante de alcohol, que non tarda en ter o doutor Boone como un dos seus mellores amigos.

Chegan dúas noticias antes de que o telégrafo fose cortado polos indios. Unha é que Gerónimo e os seus apaches chiricauas estaban na rexión. A segunda é que o pistoleiro recluso Ringo Kid escapara e había unha forte recompensa pola súa captura. Para lograla, o shériff da cidade, Curly Wilcox, sobe á dilixencia como vixilante, a pesar de que é amigo de Ringo e da súa familia dende cativo. Cando aparece Ringo Kid, ignorando que o shériff vai na dilixencia coa intención de capturalo, para o vehículo para dirixirse cara a Lordsburg, onde viven os irmáns Plummers, responsables da morte de seu pai e seu irmán. A presenza do alguacil fai que ringo se rinda e entregue as armas.

A viaxe continúa, a dilixencia sen escolta vai pasando de posta en posta, mentres a tensión entre as personaxes vai medrando. Nace o amor entre Dallas e Ringo, ignorante da condición desta e o doutor Boone, cada vez máis borracho, bebe as mostras do representante de bebidas alcohólicas.

Elenco editar

 
Bert Glennon (esquerda) e John Ford na rodaxe de A dilixencia

Recoñecemento editar

A dilixencia foi recoñecido como un dos filmes máis influentes da historia. Orson Welles afirmou que era un exemplo perfecto de cinema e indicou que o vira máis de corenta veces preparando a rodaxe de Cidadán Kane.[6]

O filme gañou dous premios Oscar, ao mellor actor secundario (Thomas Mitchell) e á mellor banda sonora. Ademais tivo outras cinco candidaturas (filme, direcotr, dirección artística, fotografía e montaxe).[7] Ademais, John Ford gañou o premio ao mellor director do New York Film Critics Circle Awards.[8]

Forma parte do AFI's 10 Top 10 na categoría "Western".[9] En 1995 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[10]

Notas editar

  1. "Stagecoach: Detail View". American Film Institute. Consultado o 9-2-2017. 
  2. 2,0 2,1 Matthew Bernstein, Walter Wagner: Hollywood Independent, Minnesota Press, 2000 p439
  3. Pippins, Robert (2010). Hollywood Westerns and American Myth. New Haven, CT: Yale University Press. pp. 3, 5. ISBN 9780300172065. 
  4. Aleiss, Angela (2005). Making the White Man's Indian: Native Americans and Hollywood Movies. Westport, CT: Praeger. pp. 60. ISBN 9780275983963. 
  5. La Voz de Galicia, 20 de outubro de 2007. Páx. 62
  6. Welles, Orson and Bogdanovich, Peter, This is Orson Welles, Da Capo Press, 1998, pp. 28-29. "After dinner every night for about a month, I'd run Stagecoach.... It was like going to school."
  7. "The 12th Academy Awards (1940) Nominees and Winners" (en inglés). Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 
  8. Clooney, Nick (novembro de 2002). The Movies That Changed Us: Reflections on the Screen. Nova York: Atria Books. p. 2003. ISBN 0-7434-1043-2. 
  9. "AFI: 10 Top 10" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2017. 
  10. "U.S. National Film Registry Titles". U.S. National Film Registry (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar