Pobo apache
Os apaches[2] son un pobo indíxena da zona actual de Arizona (Estados Unidos e Sonora (México). A palabra apache procede do zuni apachu ("inimigo"), mais eles chámanse a si mesmos Ndee ("a xente"). Para comunicarse entre eles empregaban unha serie de linguas atapascanas meridionais, que se clasificaron como o apache das chairas, o apache oriental e o apache occidental.
Pobo apache | |
---|---|
![]() Membros dunha tribo apache. | |
Poboación | |
Poboación total: 56 060 (autoidentificados)[1] | |
Rexións principais: | |
Arizona, Novo México e Oklahoma (USA) | 56 060 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Chiricahua, jicarilla, apache lipan, apache das pradeiras, mescalero, apache occidental e sinais dos indios das chairas |
Relixión | Xamanismo, Cristianismo |
Grupos relacionados | Navajo e kiowas |
A súa sociedade baseábase na pesca, na caza e na agricultura, convivindo en pequenos grupos familiares, de carácter matriarcal, ao igual que os síux e os cheyenne.
Cando chegaron os españois, os apaches habitaban o suroeste dos Estados Unidos, debido a unha migración anterior de cincocentos anos orixinaria do Canadá. Era unha tribo poderosa e guerreira, en loita continua cos brancos. A rendición da tribo tivo lugar en 1886, cando os chiricahuas foron enviados a Florida e Alabama, onde estiveron baixo confinamento militar.
No ano 1900 vivían uns 17.000 apaches en liberdade. O seu xefe máis coñecido foi Gerónimo (16 de xuño de 1829 – 17 de febreiro de 1909), Gokhlayeh na súa lingua, que significa "O Que Bocexa". Xerónimo fora elixido por Taza, fillo doutro xefe indíxena apache, Cochise, que morrera con 62 anos.
Actualmente o pobo apache vive en reservas de Arizona, Novo México e Oklahoma, nun número aproximado de 6.000 individuos. Un pequeno número de apaches, dúas decenas, subsisten na fronteira norte dos estados mexicanos de Chihuahua, Sonora e Coahuila. Este pequeno grupos de apaches son os coñecidos como os mescaleros.

Notas Editar
- ↑ Census.gov Census 2000 PHC-T-18. American Indian and Alaska Native Tribes in the United States: 2000. US Census Bureau 2000 (consultado o 28 de decembro de 2009)
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para apache.