Que fermoso é vivir

Que fermoso é vivir (en inglés: It's a Wonderful Life) é un filme estadounidense producido e dirixido por Frank Capra que se estreou en 1946. Baséase no conto «The Greatest Gift», que Philip Van Doren Stern escribiu en 1939 e publicou de forma privada en 1945.[1] Está considerado como un dos filme máis populares do cinema americano e por mor das continuas emisións a través da televisión, está considerado un filme tradicional do Nadal.

Que fermoso é vivir

Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoComedia romántica, filme de fantasía, cinema dramático, filme con analepse, cinema de comedia, filme de Nadal e filme baseado nunha obra literaria Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aFrank Capra Editar o valor en Wikidata
Compositor/aDimitri Tiomkin Editar o valor en Wikidata
GuionistaFrances Goodrich, Albert Hackett, Jo Swerling, Frank Capra, Michael Wilson e Philip Van Doren Stern Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaJoseph Walker (pt) Traducir, Joseph F. Biroc e Victor Milner Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineWilliam Hornbeck (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a produciónJack Okey Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enNova York e Bedford Falls (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Baseado enThe Greatest Gift (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inspirado na obra dePhilip Van Doren Stern Editar o valor en Wikidata
Parte delista de filmes recomendados polo Vaticano e National Film Registry Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aFrank Capra Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraLiberty Films (pt) Traducir e RKO Pictures Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aRKO Pictures e Netflix Editar o valor en Wikidata
Recadación8.224.626 $ e 1.474.573 $ Editar o valor en Wikidata
Custo3.180.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración2 horas e 5 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeCalifornia Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
1986 Colorização de filmes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Fontes e ligazóns
Páxina WEBparamount.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0038650 Filmaffinity: 682814 Allocine: 5762 Rottentomatoes: m/its_a_wonderful_life Mojo: itsawonderfullife Allmovie: v25590 TCM: 79566 Metacritic: movie/its-a-wonderful-life TV.com: movies/its-a-wonderful-life
Facebook: ItsAWonderfulLifeMovie Netlix: 644637 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Está protagonizado por James Stewart que interpreta a George Bailey, un home que abandonou os seus soños para axudar a outros e que está a piques de se suicidar na véspera do Nadal. Isto provoca a intervención do seu anxo da garda, Clarence Odbody (Henry Travers). Clarence amosa a George todas as vidas que cambiou e como sería a vida de Bedford Falls se el nunca chegase a nacer.

Sinopse

editar

George Bayle é un home íntegro que se ve obrigado tras o pasamento do seu pai a asumir a dirección dunha compañía de empréstitos. O seu soño era moi distinto, pois anhelaba ir á Universidade, construír pontes e edificios, viaxar e coñecer xente... pero antepuxo o deber as súas inquedanzas e deulle o diñeiro ao seu irmán, Harry, para que fose el quen estudase coa condición de que ao retornar ocuparía o seu cargo de secretario executivo e así George puidese ir á Universidade. Finalmente o seu irmán converteuse nunha estrela de fútbol, casou e conseguiu un bo posto na área de investigación. A George non lle pareceu ético pedirlle a Harry que se encargase da cooperativa e asumiu que tiña que continuar á fronte do pequeno banco local.

Potter controlaba todos os negocios da vila de Beldford Falls agás a compañía de Bayle. George Bayle casou con Mary, unha rapaza que estaba namorada del dende que eran pequenos. Cando marchaba á súa lúa de mel, viron que o seu negocio tiña as portas pechadas. O Banco Central reclamaba todo o seu préstamo e tiveron que darlle todo o efectivo dispoñible sen lograr saldar a débeda. O pánico estendeuse por toda a cidade e a xente reclamaba a Bayle o seu diñeiro, que el non podía facilitar.

Nese momento Potter fixo movementos para acabar co negocio de Bayle. Chamouno para informarlle que garantía os pagos para que o banco puidese abrir as portas de novo a cambio de pasar a ser o dono do local. Se os clientes lle levaban as súas accións, Potter pagaríalles 50 centavos por dólar. A xente, presa do desconcerto inclinábase pola oferta de Potter fronte á posibilidade de quedar sen nada, pero George Bayle conseguiu convencelos para que non se fiasen de Potter, que se estaba a aproveitar do pánico. Bayle argumentou que se Potter se fixese co control do banco, non podería outorgar préstamos, polo que decide repartir o diñeiro da lúa de mel cos seus clientes para que poidan aguantar ata que se solucione o problema.

Os intentos de destrución seguiron, e trala segunda guerra mundial, o día da condecoración do seu irmán, véspera da Noiteboa, George Bayle pensa en suicidarse. Bayle tiña un seguro de vida, polo que se a súa familia o cobrase solucionaría o problema económico. Os problemas empeoraran cando o seu tío Billy, que fora facer un ingreso de 8000 dólares, se atopara con Potter e nun descoido, lle entregara o sobre coa devandita cantidade de dólares. Cando ía efectuar o ingreso decátase de que non posúe o diñeiro porque non atopa o sobre e para máis, a compañía de empréstitos recibe a visita dun Inspector de Facenda, para supervisar as contas. Se o inspector descubría o descuberto na caixa, sería acusado de malversación de fondos, estafa e abuso de confianza polo que ninguén o libraría do cárcere. Desesperado, Bayle pídelle diñeiro a Potter, ao xuro que fose. O magnate ri del e avísalle que filtrou o escándalo a prensa. Cando está a piques de lanzarse o río, aparece un anxo da garda e móstralle como sería o mundo se el nunca existise. Descobre que a cidade non se chamaría Beldford Falls senón Potterland, e nela todo eran bares, luces e dispendio e que os seus amigos se atoparían sumidos nunha mala situación económica e na infelicidade.

Vendo a situación, prefire continuar vivindo e afrontar o problema. A súa muller, Mary, encárgase de acudir aos seus amigos e entre todos recadan os cartos que lle fan falla para aboar a débeda.

Personaxes

editar
 
Fotograma da película con James Stewart e Donna Reed.

Premios

editar

Na 19ª edición dos Óscar o filme foi candidato a cinco premios: Mellor filme, director, actor (James Stewart), montaxe e son,

  1. American Film Institute (ed.). "AFI's 100 YEARS...100 MOVIES 10TH ANNIVERSARY EDITION". Consultado o 2012-07-15. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar